Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 4 de novembro de 2025
3.1 21775 (12/PNP-001744)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Martínez, Roberto e 13 máis
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central e á Mesa do Congresos dos Deputados respecto da Autoestrada do Atlántico
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia,
175f1, 19.03.2025
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia acorda como resolución, ratificar o seu apoio ao contido íntegro da proposición de lei orgánica de transferencia á Comunidade Autónoma de Galicia da titularidade e competencias da autopista do Atlántico, aprobada por unanimidade nesta Cámara e reivindicación plenamente vixente e con tal fin solicita á Xunta de Galicia que se dirixa aos grupos políticos nas Cortes Xerais a retirada das emendas rexistradas por desvirtuar o texto orixinal que reflexa o sentir maioritario do pobo galego.
Asemade, o Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a adoptar cantas medidas sexan necesarias para facer respectar este acordo e garantir unha AP-9 plenamente galega, cunha xestión pegada ao territorio e libre de cargas, así como tamén a demandar do Goberno de España que elabore e faga público un estudo que avalíe, como mínimo, os seguintes aspectos: o custe do rescate da AP-9, de implantación da súa gratuidade e de aplicar as bonificacións vixentes ata final da concesión e facilite, en cumprimento co principio de transparencia, os cálculos nos que se basea."
3.2 30453 (12/PNP-002343)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Trenor López, Gonzalo e 8 máis
Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia aos concellos galegos relacionada coa xestión dos residuos municipais e sobre a continuación das axudas da Xunta ás
entidades locais para este fin
Publicación da iniciativa, 238f2, 20.08.2025
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España e trasladarlle as seguintes demandas:
1°- Solicitar a reforma da Lei estatal 7/2022 para garantir: