A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 31 de outubro de 2025, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 27351 (12/PNC-002581)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Trenor López, Gonzalo e 8 máis
Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co obxecto de que defenda ante calquera instancia que for preciso o mantemento da biodiversidade e o equilibrio entre a protección do lobo e as necesidades dos gandeiros
BOPG n.º 211f1, do 18.06.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 5 votos en contra e 3 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a defender, ante as instancias que sexan precisas, incluído os recursos pertinentes ante a Xustiza, o equilibrio e a convivencia entre a protección do lobo e as necesidades dos gandeiros, así como seguir defendendo as accións de control sobre esta especie tendo en conta o estado favorable das súas poboacións"