A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 30 de outubro de 2025, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 34848 (12/PNC-003048)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pérez López, Noelia e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno de España co obxectivo de que actualice a Lei de réxime fiscal das cooperativas
BOPG n.º 265f1, do 08.10.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 2 votos en contra e 0 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que lle solicite a actualización da súa Lei de Réxime Fiscal das Cooperativas."
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 25680 (12/PNC-002380)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Rosende, Jesús María e 9 máis
Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia coa finalidade de que elabore un protocolo para o acompañamento das persoas con discapacidade visual nos centros sanitarios galegos
BOPG n.º 200f1, do 20.05.2025
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a estudar a elaboración dun protocolo para o acompañamento das persoas con discapacidade visual nos centros sanitarios galegos, en consenso e coa participación dos profesionais da saúde e das organización que traballan para garantir e ampliar as súas condicións de accesibilidade e inclusión e en especial coa colaboración da ONCE."