saltar ao contido

Convocatoria da sesión plenaria do 4 de novembro de 2025

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar a súa sesión o próximo día 4 de novembro de 2025, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 28 de outubro de 2025, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

 Punto 1.Comparecencias
 

 

1.1

 

37665 (12/CPP-000072)

 
  Da conselleira do Medio Rural, por petición propia, para informar dos resultados do Pladiga 2025 e das propostas de futuro en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais 
    
  Acumúlase na anterior a seguinte: 
    
 1.232610 (12/CPP-000059) 
  Da conselleira de Medio Rural, por petición das vinte e cinco deputadas e deputados do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, para dar conta do impacto dos grandes lumes forestais de agosto de 2025 nos concellos afectados, tanto nas explotacións agrogandeiras e forestais coma nos núcleos de poboación e o seu entorno, nos animais, cultivos, pastos, montes e superficie forestal arrasada polas lapas; as actuacións preventivas desenvolvidas pola Consellaría a este respecto e as medidas que prevé poñer en marcha para compensar as perdas aos afectados, a reparación dos danos, a restauración dos terreos afectados polos lumes e a protección dos solos 
  

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 247f3, do 03.09.2025

 

 
 Punto 2.Mocións
   
 2.137567 (12/MOC-000086)
  Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
  Golpe Acuña, José Manuel
  Sobre a estratexia da Xunta de Galicia para garantir o desenvolvemento das plantas de biogás (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 26622, publicada no BOPG 208f2, do 11 de xuño de 2025, e debatida na sesión plenaria do día 21 de outubro de 2025.)
   
 2.237617 (12/MOC-000087)
  Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
  Valcárcel Armesto, Montserrat
  Sobre a expansión do eucalipto e o modelo da Xunta de Galicia para a ordenación do monte galego (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 35773, publicada no BOPG 265f2, do 8 de outubro de 2025, e debatida na sesión plenaria do día 21 de outubro de 2025.)
   
 2.337622 (12/MOC-000088)
  Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
  Iglesias Rey, Patricia
  Sobre a política de beneficios fiscais que aplica a Xunta de Galicia, singularmente no ámbito dos impostos de sucesións e doazóns e sobre grandes fortunas (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 35296, publicada no BOPG 265f2, do 8 de outubro de 2025, e debatida na sesión plenaria do día 21 de outubro de 2025.)
   
 Punto 3.

Proposicións non de lei

 

3.121775 (12/PNP-001744) 
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia 
 Rodríguez Martínez, Roberto e 13 máis 
 Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central e á Mesa do Congresos dos Deputados respecto da Autoestrada do Atlántico 
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 175f1, do 19.03.2025 
   
3.230453 (12/PNP-002343) 
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia 
 Trenor López, Gonzalo e 8 máis 
 Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia aos concellos galegos relacionada coa xestión dos residuos municipais e sobre a continuación das axudas da Xunta ás entidades locais para este fin 
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 238f2, do 20.08.2025 
   
3.331234 (12/PNP-002372) 
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia 
 Rodríguez Dacosta, María del Carmen e Méndez López, Lara 
 Sobre as actuacións que debe desenvolver o Goberno galego co fin de adaptar as súas políticas de xestión forestal ao cambio climático 
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 244, do 28.08.2025 
   
3.435438 (12/PNP-002605) 
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego 
 Castro García, Daniel e Fernández Davila, María Cristina 
 Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co obxecto de que aumente, en consenso coas universidades públicas galegas, as prazas para o mestrado universitario en formación do profesorado 
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 265f1, do 08.10.2025 
   
3.535682 (12/PNP-002622) 
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia 
 Méndez López, Lara e Rodríguez Dacosta, María del Carmen 
 Sobre as actuacións que debe pór en marcha a Xunta de Galicia para manter a viabilidade das explotacións agrogandeiras e favorecer a remuda xeracional neste sector 
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 268f1, do 15.10.2025 
   
3.637076 (12/PNP-002728) 
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego 
 Fernández Gómez, Alexandra e Bará Torres, Xosé Luís 
 Sobre as medidas básicas que o Goberno galego debe tomar co fin de configurar unha estratexia galega de adquisición pública de vivenda 
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 272f1, do 22.10.2025 
   
 Punto 4.Interpelacións
   
 4.135488 (12/INT-001294)
  Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
  Longueira Castro, Silvia e Bouza Manso, Aitor
  Sobre a postura do Goberno galego ante a defensa da cooficialidade da lingua galega no Parlamento Europeo
  Publicación da iniciativa, BOPG n.º 265f2, do 08.10.2025
   
 4.236026 (12/INT-001321)
  Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
  Ríos Santomé, Paulo e Bará Torres, Xosé Luís
  Sobre as previsións do Goberno galego no desenvolvemento do servizo de transporte público por estrada
  Publicación da iniciativa, BOPG n.º 268f1, do 15.10.2025
   
 4.337225 (12/INT-001357)
  Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
  Pontón Mondelo, Ana Belén e 24 máis
  Sobre as condicións laborais do persoal dos centros de discapacidade, dos centros de menores e das escolas infantís de Galicia
  Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 272f2, do 22.10.2025
   
 Punto 5.Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
   
 5.137706 (12/POPX-000059)
  Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
  Gómez Besteiro, José Ramón
  Sobre o peso dos intereses de Galicia e o das estratexias de partido nas prioridades do Goberno galego
   
 5.237707 (12/POPX-000060)
  Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
  Pontón Mondelo, Ana Belén
  Sobre as previsións do Goberno galego canto ao rescate da sanidade pública
   
 Punto 6.

Preguntas ao Goberno

 

 6.135112 (12/POP-005084)
  Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
  Espinosa Mangana, María Elena e López Font, Carlos
  Sobre as previsións que ten a Xunta de Galicia canto ás estratexias de mellora do transporte público na comarca do Baixo Miño
  Publicación da iniciativa, BOPG n.º 265f2, do 08.10.2025
   
 6.235006 (12/POP-005052)
  Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
  Valcárcel Armesto, Montserrat e 2 máis
  Sobre a postura do Goberno galego en relación coa autonomía da Escola Universitaria de Enfermería de Lugo respecto da Universidade de Santiago de Compostela
  Publicación da iniciativa, BOPG n.º 265f2, do 08.10.2025
   
 6.337117 (12/POP-005307)
  Grupo Parlamentario Popular de Galicia
  Sanz Arias, Cristina e 8 máis
  Sobre as repercusións derivadas da renuncia do Goberno central a presentar os orzamentos xerais do Estado no que vai de lexislatura
  Publicación da iniciativa, BOPG n.º 272f2, do 22.10.2025
   
 6.436432 (12/POP-005249)
  Grupo Parlamentario Popular de Galicia
  Deza Martínez, María e 8 máis
  Sobre os datos relativos ás vivendas entregadas polo Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana en Galicia
  Publicación da iniciativa, BOPG n.º 272f2, do 22.10.2025
   
 6.535657 (12/POP-005156)
  Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
  Pérez Fernández, Rosana e Prado Cores, María Montserrat
  Sobre a situación do PAC e do Centro de Saúde da Pobra do Caramiñal respecto do horario de atención e da cobertura de profesionais facultativos respectivamente
  Publicación da iniciativa, BOPG n.º 268f3, do 15.10.2025
   
 6.635892 (12/POP-005180)
  Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
  Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis
  Sobre o calendario previsto pola Xunta de Galicia para a posta en marcha efectiva da unidade de ictus da provincia de Ourense
  Publicación da iniciativa, BOPG n.º 268f3, do 15.10.2025
   
 6.737702 (12/PUP-000161)
  Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
  Longueira Castro, Silvia e Espinosa Mangana, María Elena
  Sobre a situación do Centro de Saúde de Pontecarreira, do concello de Frades, en canto á continuidade diaria da atención médica presencial
   
 6.837705 (12/PUP-000162)
  Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
  Fernández Fernández, Secundino
  Sobre os atrasos do Hospital Comarcal de Valdeorras na realización de mamografías e ecografías de mama

 

6.934827 (12/POP-005021)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Arias Rodríguez, Raquel e 9 máis
 Sobre o anuncio do Goberno de España referido á presentación dun recurso de inconstitucionalidade contra a normativa galega que regula a homologación da discapacidade coa situación de dependencia recoñecida
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 263f2, do 01.10.2025

 

 

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.


Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2025

 

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente​​




Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina