Moisés Rodríguez Pérez toma posesión como deputado do Parlamento de Galicia
Santiago, 21 de outubro de 2025.- O Pleno do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá a toma de posesión de Moisés Rodríguez Pérez como deputado do Grupo Parlamentario Popular. O novo deputado da circunscripción de Pontevedra substitúe no seu escano a María Deza Martínez.
Moisés Rodríguez Pérez (Tui, 1971) foi deputado autonómico na X e XI Lexislaturas, sendo presidente e voceiro do grupo parlamentario popular na Comisión 6ª de Industria, Enerxía e Comercio e Turismo na última.
Coordinador parlamentario do PPdeG desde 2022 ata a actualidade, foi, desde ese ano e ata a súa toma de posesión como deputado nesta XII Lexislatura, asesor do Gabinete da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestructuras.
Concelleiro desde 1995, foi elixido alcalde de Tui en 2011, cargo que ocupou até 2015. Tamén foi deputado provincial entre 2013 e 2015.
Saúdos, Gabinete de Comunicación