saltar ao contido

Santalices destaca a entrega profesional das Forzas e Corpos de Seguridade no Día da Policía Nacional



  • O presidente do Parlamento asistiu ao acto institucional e puxo en valor o traballo diario que realizan os axentes ​

Santiago, 1 de outubro de  2025. O presidente da Cámara autonómica, Miguel Ángel Santalices Vieira, puxo en valor «a vocación e entrega profesional» dos axentes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado na celebración institucional do Día da Policía.

 

Para o xefe do Lexislativo autonómico, este corpo traballa e esfórzase día a día, «ás veces sen decatarnos», para manter un clima de tranquilidade, convivencia e seguridade pública «do que todos gozamos». Santalices tamén lembrou que Galicia se consolida nos primeiros postos das comunidades máis seguras de España.

 

Na súa intervención, Santalices agradeceulles a todas as persoas que integran as Forzas e Corpos de Seguridade por cumpriren a lei e por velaren polo seu cumprimento. Tamén quixo felicitar as persoas que foron condecoradas neste acto, polo seu servizo ao conxunto da sociedade.



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina