O Parlamento de Galicia garda un minuto de silencio polas vítimas de Gaza
Santiago, 23 de setembro de 2025.- O diputados do Parlamento de Galicia gardaron hoxe ao inicio da sesión plenaria un minuto de silencio polas vítimas inocentes do xenocidio na Franxa de Gaza e Cisxordania.
Nos últimos meses, e de maneira especialmente cruenta nas últimas semanas, a situación en Gaza e noutras partes de Palestina agravouse ata límites insoportables: milleiros de persoas inocentes - entre elas 20.000 nenos e nenas- , foron asasinadas, os seus fogares arrasados e as condicións mínimas de vida destruídas.
O pobo palestino, que leva décadas padecendo conflitos con Israel, é hoxe protagonista das noticias internacionais non só polo impacto inmediato da violencia, senón tamén pola profunda inxustiza e pola reiterada vulneración dos seus dereitos humanos básicos.
Este Parlamento, como institución representativa do pobo galego, debe expresar a súa solidariedade coa dor que sofren milleiros de persoas, manifestar o noso rexeitamento a esta violencia indiscriminada e apoiar con firmeza os esforzos da comunidade internacional para acadar unha paz xusta e duradeira na rexión.