Aitor Bouza Manso toma posesión como deputado do Parlamento de Galicia
Santiago, 23 de setembro de 2025. O Pleno do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá a toma de posesión de Aitor Bouza Manso como deputado do Grupo Parlamentario Socialista. O novo deputado da circunscrición da Coruña substitúe no seu escano a Julio Ernesto Abalde Alonso.
Aitor Bouza Manso (Santiago de Compostela, 1991) é licenciado en Dereito pola USC. Completou a súa formación cun Mestrado en Consultoría, Márketing e Comunicación, así como cun Mestrado en Educación. Conta con diversos cursos de especialización en mediación civil e mercantil, protección de datos, ciberseguridade, dereitos humanos e violencia de xénero.
No eido político, é actualmente secretario xeral do PSdeG en Santiago de Compostela e secretario de Acción Territorial do Partido Socialista de Galicia. Anteriormente, foi secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, así como membro da Comisión Executiva Federal das Juventudes Socialistas de España. Tamén ocupou responsabilidades orgánicas no ámbito provincial do PSdeG.
Saúdos, Gabinete de Comunicación