saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 19 de setembro de 2025

A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 19 de setembro de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 26223 (12/PNC-002437)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Rodríguez Carrera, María Felisa e 8 máis

Sobre a demanda ao Goberno galego do impulso do proxecto previsto para revitalizar a actividade económica, turística e cultural das vilas senlleiras de Galicia a través da recuperación do comercio local

BOPG n.º 206f1, do 04.06.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 15 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a desenvolver o previsto no Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030 impulsando a posta en marcha dun proxecto de recuperación de contornas comerciais urbanas para a revitalización da actividade económica, turística e cultural das vilas senlleiras da nosa Comunidade."

 

Aprobación con modificacións

 

- 1725 (12/PNC-000206)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Golpe Acuña, José Manuel e 4 máis

Sobre as accións que a Xunta de Galicia debe pór en marcha no referido ao peche da central térmica das Pontes e ao impulso dun plan de reindustrialización para esta localidade

BOPG n.º 12f2, do 17.04.2024

 

Sométese a votación separada por puntos:

- Punto 1: resulta aprobado  por 15 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

- Punto 2: resulta rexeitado por 6 votos a favor, 9 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta a exixir o Goberno do Estado, e a Rede Eléctrica de España, o mantemento dos 1.400MW de evacuación da CT de carbón das Pontes no nó de Transición xusta do concello das Pontes, e os 560MW do nó de Transición Xusta de Meirama 220kV e a convocatoria inmediata e urxente do Concurso de transición xusta do nó das Pontes, e a súa rápida resolución, así como a do nó de Meirama, de tal xeito que se dea resposta ás necesidades dos proxectos industriais e enerxéticos nas zonas de transición xusta e asegure a continuidade do emprego."

 

- 30984 (12/PNC-002777)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Iglesias Rey, Patricia e Méndez López, Lara

Sobre as medidas que debe levar a cabo o Goberno galego no referido á planificación eólica en Galicia

BOPG n.º 241f1, do 25.08.2025

 

Sométese a votación separada por puntos:

 

Puntos 1, 2, 3 e 4: resultan rexeitados por 2 votos a favor, 9 votos en contra e 6 abstencións.

Punto 5: resulta aprobado por 11 votos a favor, 0 en contra e 6 abstencións.​

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a fomentar a cooperación institucional continua entre a Xunta de Galicia, o Goberno de España e as autoridades ambientais para garantir unha transición enerxética ordenada, respectuosa co medio ambiente e sustentable."

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 24027 (12/PNC-002214)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Méndez López, Lara e Iglesias Rey, Patricia

Sobre a información da que debe dar conta a Xunta de Galicia en relación coas accións de cohesión turística en destino (ACD) que puxo en marcha

BOPG n.º 192f1, do 30.04.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a dar conta de:

1. O grado de execución por anualidades das distintas convocatorias postas en marcha pola Xunta de Galicia das Accións de Cohesión de Destino Turístico, así como dos convenios con este mesmo fin.

2. O reparto de fondos territorializados."​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina