saltar ao contido

Santalices celebra a creación das cátedras de Otero Pedrayo, Rosalía de Castro, Carvalho Calero e Castelao para afondar no seu legado artístico e intelectual

​ 

  • Estas catro cátedras contan coa participación do Parlamento, a Universidade de Santiago e a Xunta de Galicia

 

Santiago, 18 de setembro de 2025.-  O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, celebrou hoxe a creación das catro cátedras institucionais de Otero Pedrayo, Rosalía de Castro, Carvalho Calero e Castelao dirixidas a profundar e impulsar o coñecemento do seu legado artístico e intelectual.

Durante a súa intervención, celebrada no Salón de Graos do Reitorado da USC, o presidente do Lexislativo comentou que para o Parlamento de Galicia é unha honra colaborar na creación destas catro cátedras, xa que os «catro están presentes con cadanseu espazo na que é a casa de todos os galegos; e periodicamente impulsamos actos e actividades coas que honramos a súa memoria».  

No acto de presentación destas cátedras, nas que participan o Parlamento, a Universidade de Santiago e a Xunta de Galicia, o presidente da Cámara galega dixo que Galicia está en débeda permanente con eles —Rosalía, Otero Pedrayo, Castelao e Carvalho Calero—, pois entregáronse e comprometéronse de forma continuada coa lingua e a cultura galegas e contribuíron a forxar a nosa identidade a través das súas obras.



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina