A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 18 de setembro de 2025, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 30432 (12/PNC-002739)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 11 máis
Sobre a demanda que a Xunta debe dirixir ao Goberno central para que manteña as cidades de Vigo e Santiago de Compostela como sede para realizar os exames MIR en Galicia
BOPG n.º 239f1, do 21.08.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 15 votos a favor, 2 votos en contra e 0 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno central para solicitarlle o mantemento da cidade de Vigo, xunto con Santiago de Compostela, como sede para a realización dos exames de formación sanitaria especializada (MIR) na nosa comunidade."
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 26554 (12/PNC-002489)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Insua Lema, Óscar e Prado Cores, María Montserrat
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia co obxectivo de construír en Fisterra un novo centro de saúde
BOPG n.º 208f1, do 11.06.2025
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
1. Impulsar as xestións necesarias para a construción dun novo centro de saúde no Concello de Fisterra para este fin.
2. Encargar a redacción do proxecto de execución, tan pronto o Concello ceda formalmente a parcela.
3. Dotar nos vindeiros orzamentos para o ano 2026 unha partida orzamentaria suficiente que permita impulsar o centro de atención primaria en Fisterra."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 25136 (12/PNC-002313)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central en relación co sistema de financiamento da atención á dependencia
BOPG n.º 197f1, do 14.05.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia, a dirixirse ao Goberno de España para:
1.- Cumprir co establecido na Lei de Dependencia e asumir o financiamento do 50% do custo dos servizos e prestacións, garantindo un reparto equitativo dos recursos entre o Goberno de España e as comunidades autónomas.
2.- Abonar de maneira inmediata a débeda acumulada con Galicia, que supera os 2.500 millóns de euros, permitindo así fortalecer o sistema de atención á dependencia na nosa Comunidade.
3.- Incrementar os fondos destinados ás comunidades autónomas para a atención á dependencia, asegurando que todas as persoas con dereito a prestación poidan acceder a elas sen demoras inxustificadas.
4.- Establecer un plan de financiamento estable e plurianual, que permita ás comunidades autónomas planificar e mellorar os servizos de dependencia con previsibilidade e seguridade orzamentaria."