A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 9 de setembro de 2025, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 2 de setembro de 2025, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Comparecencias
1.1 32555 (12/CPP-000058)
Do Presidente da Xunta de Galicia, por petición propia, para dar conta da xestión da Administración Autonómica en relación da vaga de incendios forestais rexistrada este verán en Galicia: medidas de prevención, dispositivo de extinción e liña de axudas ás persoas, empresas e entidades afectadas
Acumúlase na anterior a seguinte:
1.2 32026 (12/CPP-000056)
Do presidente da Xunta de Galicia, por petición das vinte e cinco deputadas e deputados do G. P. do Bloque Nacionalista Galego, en relación coa vaga de lumes que se están producindo no mes de agosto de 2025
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 244, do 28.08.2025
Punto 2. Preguntas ao presidente da Xunta de Galicia
2.1 32974 (12/POPX-000051)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gómez Besteiro, José Ramón
Sobre a política do Goberno galego en materia de prevención e loita contra os incendios forestais
2.2 32976 (12/POPX-000052)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre a resposta que está a dar o Goberno galego aos retos que ten Galicia
Punto 3. Texto lexislativo
3.1 Toma en consideración da Proposición de lei, de iniciativa popular, por unha CRTVG ao servizo do pobo (doc. núm. 10918, 12/PPLI-000001)
Publicación do coñecemento das sinaturas e admisión a trámite, BOPG n.º 201, do 21.05.2025
Punto 4. Mocións
4.1 28372 (12/MOC-000074)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Golpe Acuña, José Manuel
Sobre a reactivación económica das zonas afectadas pola perda de grandes industrias tractoras (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 1722, publicada no BOPG núm. 16f1, do 24 de abril de 2025, e debatida na sesión plenaria do día 8 de xullo de 2025.)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 221f1, do 18.07.2025
4.2 28373 (12/MOC-000075)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa Olalla
Sobre a eficacia do sistema de protección ás vítimas de violencia de xénero (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 27442, publicada no BOPG núm. 213f2, do 25 de xuño de 2025, e debatida na sesión plenaria do día 8 de xullo de 2025.)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 221f1, do 18.07.2025
4.3 28419 (12/MOC-000076)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Abalde Alonso, Julio Ernesto
Sobre a situación do transporte escolar en Galicia (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 1514, publicada no BOPG núm. 12f1, do 17 de abril de 2025, e debatida na sesión plenaria do día 8 de xullo de 2025.)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 221f1, do 18.07.2025
Punto 5. Proposicións non de lei
5.1 22885 (12/PNP-001855)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa Olalla e Fernández Alfonzo, Ramón Tomás
Sobre a postura que debe defender a Xunta de Galicia na vindeira reunión do 21 de abril de 2025 co Ministerio de Facenda en relación coa quitación de débeda
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 185f1, do 09.04.2025
5.2 27332 (12/PNP-002207)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 8 máis
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe realizar ao Goberno central referidas ao traballo conxunto entre o Estado e as comunidades autónomas no que atinxe á política de vivenda
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 211f1, do 18.06.2025
5.3 30189 (12/PNP-002328)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 2 máis
Sobre as medidas que debe tomar o Goberno galego co obxecto de acadar un marco orzamentario e laboral adecuado para o correcto funcionamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 235f1, do 14.08.2025
5.4 30454 (12/PNP-002344)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Martínez, Roberto e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta debe dirixir ao Goberno central sobre a situación actual da concesión da AP-9 tras o ditame da Comisión Europea
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 238f2, do 20.08.2025
5.5 30927 (12/PNP-002367)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e Méndez López, Lara
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para actualizar a súa política de prevención e loita contra os incendios forestais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 241f1, do 25.08.2025
5.6 31525 (12/PNP-002376)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e López Font, Carlos
Sobre as accións que o Goberno galego debe pór en marcha co obxectivo de definir as súas principais políticas para combater e adaptarse ao cambio climático
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 244, do 28.08.2025
Punto 6. Interpelacións
6.1 20453 (12/INT-000825)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e Méndez López, Lara
Sobre o desenvolvemento das actividades previstas no Pladiga e a garantía de recursos humanos nos servizos de prevención e extinción de incendios forestais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 162f1, do 26.02.2025
6.2 31883 (12/INT-001157)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Valcárcel Armesto, Montserrat e 4 máis
Sobre a actuación da Xunta de Galicia respecto dos lumes forestais de agosto de 2025, tanto no referido ao aspecto preventivo como ao labor de extinción
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 244, do 28.08.2025
6.3 31887 (12/INT-001158)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e Valcárcel Armesto, Montserrat
Sobre o impacto na biodiversidade e nos espazos naturais protexidos provocado polos lumes forestais acontecidos en Galicia en agosto de 2025
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 244, do 28.08.2025
Punto 7. Preguntas ao Goberno
7.1 32962 (12/PUP-000132)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma
Sobre a valoración que realiza a Xunta de Galicia do inicio dos expedientes para a declaración do pazo de Meirás e da illa de San Simón como lugares da memoria democrática
7.2 32977 (12/PUP-000134)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e Prado del Río, Paula
Sobre os compromisos do Goberno central na colaboración para a recuperación e restauración das superficies queimadas na última vaga de lumes
7.3 28490 (12/POP-004103)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Davila, María Cristina e Fernández González, Ariadna
Sobre as garantías para unha axeitada atención no vindeiro curso 2025-2026 ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 226, do 01.08.2025
7.4 30178 (12/POP-004534)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Espinosa Mangana, María Elena e 2 máis
Sobre a postura da Xunta de Galicia ante a proposta de inclusión nos orzamentos de 2026 dunha contía de 36 millóns de euros para dedicar á rehabilitación e mellora das infraestruturas dos centros educativos públicos de Vigo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 235f2, do 14.08.2025
7.5 29892 (12/POP-004491)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis
Sobre as pretensións do Goberno de España respecto do sistema de distribución de menores migrantes non acompañados entre as distintas comunidades autónomas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 235f2, do 14.08.2025
7.6 30328 (12/POP-004553)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Trenor López, Gonzalo e 7 máis
Sobre a valoración que fai o Goberno galego da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza da Unión Europea sobre a tramitación dos proxectos eólicos realizada pola Xunta de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 235f2, do 14.08.2025
7.7 30465 (12/POP-004571)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e Abalde Alonso, Julio Ernesto
Sobre as medidas que vai adoptar o Goberno galego para manter as prazas das persoas funcionarias con máis antigüidade no concurso de traslados
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 238f2, do 20.08.2025
7.8 32833 (12/POP-004768)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Fernández, Secundino e 4 máis
Sobre os motivos polos que a Xunta de Galicia non adxudicou as obras de prevención de incendios forestais licitadas en novembro de 2024
7.9 32975 (12/PUP-000133)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Fernández, Secundino
Sobre as eventuais responsabilidades políticas da conselleira do Medio Rural pola situación en que estaba o Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais cando se inicia a vaga de lumes do mes de agosto
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2025
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente