A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do
Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión
extraordinaria o próximo día 4 de agosto de 2025, ás 13:00 horas, no pazo do
Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 30 de xullo de 2025, a
orde do día da sesión é a seguinte:
Punto único Debate e votación do límite de gasto non financeiro da Comunidade
Autónoma de Galicia para o ano 2026, ao que se refire o artigo 12 da
Lei 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e
sustentabilidade financeira (doc. núm. 29710, 12/LGNF-000002).
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria a devandita reunión.
Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2025