saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 10 de xullo de 2025

A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 10 de xullo de 2025, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 26618 (12/PNC-002498)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pérez López, Noelia e oito deputados/as máis

Sobre a demanda ao Goberno galego de medidas dirixidas a activar as políticas de captación de talento co fin de afrontar os desafíos actuais do mercado laboral

BOPG nº 208f1, do 11.06.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 8 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia á activación de toda actuación que favoreza a captación de talento co fin último de facer fronte aos desafíos do mercado laboral, buscando acadar un mercado de traballo dinámico e inclusivo e apostando polo crecemento económico intelixente.».

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 27295 (12/PNC-002571)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Amigo Díaz, María Encarnación e oito deputados/as máis

Sobre a solicitude que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno de España para que aboe a débeda contraída pola asistencia sanitaria do Sergas aos internos dos penais de Galicia

BOPG nº 211f1, do 18.06.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para solicitarlle o aboamento da débeda contraída no que corresponde ás prestacións de asistencia sanitaria dadas polo Servizo Galego de Saúde aos internos dos centros penitenciarios situados en Galicia.

Ademais, insta o Goberno galego a iniciar todas as actuacións precisas para a integración plena do servizo sanitario penitenciario no Sergas, dando cumprimento tanto aos acordos parlamentarios existentes ao respecto como tamén á lexislación vixente, e sempre e cando a transferencia veña acompañada dos medios humanos (cobertura de vacantes), económicos e materiais necesarios; así como da compensación da débeda contraída polo Ministerio de Interior co Sergas.»​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina