saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 26 de xuño de 2025

A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 26 de xuño de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 26048 (12/PNC-002413)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Castro Rey, Paloma e 2 máis

Sobre a demanda ao Goberno galego da construción no Porriño ou noutro concello de Pontevedra dunha vivenda para mulleres vítimas de violencia machista con trastornos psiquiátricos ou adictivos

BOPG n.º 203f1, do 28.05.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a axilizar a construción dunha vivenda para mulleres vítimas de violencia machista con problemas de adiccións."

​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina