A Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, na súa sesión do 26 de xuño de 2025, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 25482 (12/PNC-002354)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e Rodil Fernández, Olalla
Sobre a demanda ao Goberno galego do comezo das obras da nova residencia de maiores de Ribeira
BOPG n.º 200f1, do 20.05.2025
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
<O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a asumir como propio o acordo adoptado por unanimidade no Pleno municipal do Concello de Ribeira que tivo lugar con data 26 de maio de 2025 e que na súa literalidade indica:
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno da Xunta a:
1- Comunicar polo cauce regulamentario oficial ao goberno Municipal do Concello de Ribeira a nova dada aos medios de comunicación do desistimento da construción da residencia de maiores na parcela cedida polo Concello no lugar de Saíñas.
2- Designar de xeito inmediato os técnicos municipais de Urbanismo e responsábeis do Goberno Municipal do Concello de Ribeira para analizar os criterios técnicos e legais que impedirían a construción da residencia pública no lugar proxectado, dado que non houbo cambios normativos na lexislación vixente e, de ser o caso, axilizar ao máximo a localización dunha nova parcela para a construción da nova residencia pública de maiores de Ribeira.
3- Requirir aos servizos de urbanismo do Concello de Ribeira, de forma inmediata, un informe no que se detalle a situación legal na que se atopa actualmente o proxecto, a normativa aplicable ao mesmo e se é viable a construción segundo a normativa vixente.">