Santiago, 23 de xuño de 2025.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, mantivo a primeira reunión cos membros do Padroado da Fundación do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, a cal foi constituída o 12 de abril deste ano.
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, declarou que a reunión que mantiveron hoxe o Padroado da Fundación de Galegas e Galegos Ilustres foi moi satisfactoria para todos.
Na reunión acadáronse varios acordos para os diferentes nomeamentos dentro do Padroado. Así pois, haberá tres vicepresidencias, 1º Vicepresidencia que a ocupará a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartin, 2º Vicepresidencia que a ocupará o conselleiro de Cultura, José López Campos e a 31 Vicepresindecia que a ocupará o arzobispo de Santiago, Francisco José Prieto. Por parte do secretariado, esta posición a ocupará tanto a secretaria da mesa do parlamento como tamén a súa vicesecretaria.
O presidente da Cámara, tamén comentou que se acordou introducir a Confradía do Rosario dentro da comisión asesora do Padroado. Tamén explicou que se delegará a presidencia para casos concretos.
Para o xefe do Lexislativo autonómico, a reunión foi de moito traballo e constructiva, e que o próximo paso e a de elaborar o regulamento de usos e onras, o cal vaise a canalizar todo a través do arzobispado, ata que este regulamento sexa oficial. En palabras do propio presidente, “Irase vendo como vai evolucionando o regulamento para acadar outra reunión do padroado".
Na reunión estiveron presentes o conselleiro de Cultura, José López Campos, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, o arzobispo de Santiago, Francisco José Prieto e os representantes da Mesa do Parlamento.
Saúdos, Gabinete de Comunicación