Santiago, 17 de xuño de 2025.- O Parlamento de Galicia gardou este mediodía un minuto de silencio como sinal de repulsa contra a violencia machista logo do asasinato, no día de onte, dunha muller de 49 anos na cidade de A Coruña.
A concentración foi encabezada polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, e contou coa participación de integrantes da Mesa, portavoces, deputadas e deputados, presidente da Real Academia de Belas Artes de Galicia, a valedora do Pobo e persoal da institución lexislativa.