saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 30 de maio de 2025

A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 30 de maio de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 13607 (12/PNC-001309)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

García Comesaña, Julio e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co obxectivo de que estableza, xunto coas comunidades autónomas e as universidades, un sistema coordinado de matrícula nas facultades de medicina

BOPG n.º 109, do 30.10.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 5 votos en contra e 0 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar ao Goberno de España, que cree, xunto ás comunidades autónomas e ás universidades españolas, un sistema coordinado de matrícula entre as facultades de Medicina có obxectivo de dar as máximas garantías aos futuros estudantes e simplificar o proceso a nivel nacional."

 

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 25140 (12/PNC-002314)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pomar Tojo, Carmen María e 9 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central en relación co recoñecemento oficial dos títulos de tradución e interpretación xurada expedidos polas comunidades autónomas con lingua propia

BOPG n.º 197f1, do 14.05.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 15 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno central para que, de acordo coas comunidades autónomas con lingua propia, adopte as modificacións normativas necesarias para o recoñecemento oficial dos títulos de tradución e interpretación xurada que autorizan as mesmas.


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina