A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 27 de maio de 2025, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 20066 (12/PNC-001867)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Iglesias, Carmela e 2 máis
Sobre as medidas que o Goberno galego debe tomar en defensa do consumo de produtos do mar nos comedores escolares
BOPG n.º 159f1, do 19.02.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:
1. Demandar do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 a rectificación da súa proposta Real Decreto, en elaboración, que recomenda unha redución nas racións de peixe semanais nos comedores escolares.
2. Tomar todas as medidas necesarias para cumprir a recomendación de incluír un mínimo de tres racións de produtos do mar nos comedores escolares, incrementando o orzamento dos menús por persoa e día e promover directrices que regulen os menús escolares de maneira que se garanta a inxesta recomendada de peixe e marisco galegos."
- 25127 (12/PNC-002310)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fidalgo Iglesias, Miguel e 7 máis
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe dirixir á Dirección Xeral de Costas e ao Concello da Pobra do Caramiñal en relación coas verteduras detectadas na contorna da Ribeiriña, lugar situado no devandito municipio
BOPG n.º 197f1, do 14.05.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que, no exercicio das súas competencias, se dirixa formalmente ao Concello da Pobra do Caramiñal e á Dirección Xeral de Costas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Goberno de España) co fin de:
1. Esixir a asunción das responsabilidades polos vertidos detectados na Ribeiriña.
2. Requirir a identificación rigorosa da súa orixe e a súa inmediata eliminación.
3. Demandar a adopción urxente das medidas necesarias para corrixir as deficiencias que os provocan e evitar novos episodios contaminantes.
4. Recordar ao Concello da Pobra do Caramiñal a súa obriga legal de exercer plenamente as súas competencias en materia de medio ambiente, conforme ao artigo 25.2 da Lei de Bases do Réxime Local.
5. Axilizar o plan de investigación para que Costas do Estado antes do 18 de xullo presente o seu informe final, xa que a partir dos resultados obtidos, se determinaran as actuacións a seguir".
- 25129 (12/PNC-002311)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Rosende, Jesús María e 8 máis
Sobre as medidas que a Xunta de Galicia debe reclamar ao Goberno central en relación co impacto e coas alteracións que os traballos de dragaxe e saneamento da ría do Burgo produciron nos bancos marisqueiros
BOPG n.º 197f1, do 14.05.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España, en particular ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, para que adopte as seguintes medidas:
1. Reclamar a finalización inmediata dos traballos de saneamento e recuperación da Ría do Burgo, nos termos previstos no proxecto orixinal.
2. Corrixir todas as deficiencias detectadas pola Confraría de Pescadores da Coruña na execución dos traballos realizados durante a dragaxe da Ría do Burgo e que están a xerar un impacto significativo nos bancos marisqueiros reducindo a superficie produtiva e poñendo en risco a sustentabilidade da actividade.
3. Que estableza unha nova compensación polos danos sufridos polos mariscadores, alongando o período con dereito a compensacións ata que, finalizadas estas actuacións, os moluscos sementados acaden a talla exixida para a súa comercialización."
Aprobación con modificacións
- 21949 (12/PNC-002051)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Abalde Alonso, Julio Ernesto e López Font, Carlos
Sobre as actuacións que debe pór en marcha o Goberno galego dirixidas a activar a incorporación de traballadores e traballadoras ao sector marisqueiro
BOPG n.º 179f1, do 26.03.2025
Sométese a votación separada por puntos:
Puntos 1 e 2 (emenda de substitución do G.P. Popular de Galicia, doc. 26309): resultan aprobados pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.
Punto 3: resulta rexeitado por 7 votos a favor, 9 votos en contra e 0 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1.- Activar todas as liñas de actuación posibles para que se reverta a situación de perda continuada dos traballadores e traballadoras no marisqueo, con especial incidencia na incorporación de novas xeracións a esta actividade.
2.- Estas liñas de actuación deberá contar con actividades de información, formación e incentivo de incorporación a este sector."
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 21465 (12/PNC-001995)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Abalde Alonso, Julio Ernesto e López Font, Carlos
Sobre as accións que o Goberno galego debe pór en marcha para resolver os problemas de saneamento na zona portuaria de Lorbé, no concello de Oleiros
BOPG n.º 175f1, do 19.03.2025
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a colaborar co Concello de Oleiros para a posta en marcha das actuacións necesarias para a dotación da rede de saneamento no municipio, incluíndo a zona portuaria de Lorbé".
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 24342 (12/PNC-002236)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e 4 máis
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central relativas ao veto por parte da Unión Europea á pesca con artes de fondo en 87 zonas do Atlántico nororiental
BOPG n.º 193f2, do 02.05.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a esixir do Goberno do Estado e da Unión Europea, á vista dos informe que evidencian un clamoroso impacto económico para a frota afectada e non determinan un impacto ambiental para os EMV:
.A suspensión inmediata do veto ás artes fixas de fondo, nomeadamente o palangre e o enmalle.
.A articulación de medidas compensatorias para a frota afectada pola prohibición das artes de fondo en 87 zonas do Atlántico Nororiental, nas que a propia Xunta colaborará, así como a activación inmediata dos fondos correspondentes para levalas a cabo."