Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 12 de marzo de 2025
4.1 538(12/PNP-000033)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Sanz Arias, Cristina e 8 máis
Sobre a solicitude que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central en relación co apoio ao futuro Xacobeo 2027 ao abeiro da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.
Publicación da iniciativa, 9f1, 11.04.2024
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
1. Solicitar ao Goberno de España a declaración do Xacobeo 2027 como acontecemento de excepcional interese ao abeiro do previsto Lei 49/2002 de réxime fiscal de entidades sen ánimo de lucro, e de incentivos ao mecenado, e con efectos desde o ano 2025"
2. Deseñar un mapa territorial por toda a xeografía galega que chegue ao máximo número de concellos e cando menos a todas as comarcas galegas.
3. Facer unha distribución equitativa e igualitaria das actuación de maior impacto por todo o territorio.
4. Que o acceso aos distintos eventos sexan en igualdade de condicións."
4.3 20038(12/PNP-001597)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis
Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego destinadas a mellorar a situación laboral das mulleres en Galicia
Publicación da iniciativa, 159f1, 19.02.2025
O texto aprobado é o seguinte:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a elaborar un plan de choque feminino destinado a:
1. Diminuír a fenda salarial existente entre as mulleres e homes de Galicia.
2. Deseñar medidas que contribúan a establecer un marco laboral de calidade no emprego, combatendo a desigualdade de acceso ás diferentes ocupacións.
3. Incrementar a incorporación das mulleres nas ocupacións altamente masculinizadas, rachando o teito de cristal existente e facilitando a súa inserción laboral.
4.6 20603(12/PNP-001655)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 19 máis
Sobre a proposta de resolución que se presenta en relación coa vulneración do principio de igualdade de trato entre homes e mulleres e coa desvalorización dos cargos políticos baseándose unicamente no seu xénero.
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, 162f1, 26.02.2025
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia acorda como Resolución:
1.- Reprobar esta campaña sexista levada a cabo pola CIG que claramente desvaloriza o traballo dun cargo político.
2.- Reprobar calquera manifestación que vulnere o principio de igualdade de trato entre mulleres e homes ou se denigre a dignidade das mulleres.
3.- Manifestar a súa vontade de que o Bloque Nacionalista Galego, a través da súa voceira a Sra. Ana Pontón, rexeite o contido sexista destes carteis."