saltar ao contido

Convocatoria da sesión plenaria prevista para o vindeiro 11 de marzo de 2025

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 11 de marzo de 2025, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 4 de marzo de 2025, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

Punto 1.      Texto lexislativo

 

1.1.Debate e votación do ditame, elaborado pola Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, sobre o Proxecto de lei de Servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital (doc. núm. 15320, 12/PL-000006).
 Publicación do Ditame da comisión e do mantemento de emendas, BOPG nº 166, do 4.03.2025
  
Punto 2.Comparecencias
  
2.121107 (12/CPP-000038)
 

Do conselleiro de Facenda e Administración Pública, por petición propia, para dar conta do último Consello de Política Fiscal e Financeira, celebrado o pasado 26 de febreiro de 2025

 

2.220148 (12/CPP-000033)
 Da conselleira de Política Social e Igualdade, por petición propia, para informar sobre as políticas de igualdade en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 159f2, do 19.02.2025
  
Punto 3.Mocións
  
3.120968 (12/MOC-000050)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís
 Sobre a autorización a Altri da captación e vertedura de auga no río Ulla (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 19447, publicada no BOPG núm. 156f1, do 12 de febreiro de 2025, e debatida na sesión plenaria do 25 de febreiro de 2025.)
  
3.221009 (12/MOC-000051)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Insua Lema, Óscar
 Sobre as estratexias do Goberno galego relativas ao reto demográfico e á mellora do financiamento dos concellos afectados polo despoboamento (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 17724, publicada no BOPG núm. 148f1, do 30 de xaneiro de 2025, e debatida na sesión plenaria do 25 de febreiro de 2025.)
  
Punto 4.Proposicións non de lei
  
4.1538 (12/PNP-000033)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Sanz Arias, Cristina e 8 máis
 Sobre a solicitude que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central en relación co apoio ao futuro Xacobeo 2027 ao abeiro da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9f1, do 11.04.2024
  
4.219277 (12/PNP-001517)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa Olalla e 2 máis
 Sobre a demanda ao Goberno galego da creación e regulación dunha "Valedoría da Igualdade" como autoridade independente de defensa cidadá contra a discriminación por razón de xénero
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 156f1, do 12.02.2025
  
4.320038 (12/PNP-001597)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis
 Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego destinadas a mellorar a situación laboral das mulleres en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 159f1, do 19.02.2025
  
4.420116 (12/PNP-001610)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Castro Rey, Paloma e 2 máis
 Sobre as medidas que debe levar a cabo o Goberno galego para avanzar cara á consecución da igualdade real entre mulleres e homes e á superación da violencia machista
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 159f1, do 19.02.2025
  
4.520353 (12/PNP-001632)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Golpe Acuña, José Manuel e 2 máis
 Sobre accións que debe levar a cabo o Goberno galego respecto da xestión en Galicia do Fondo de Transición Xusta
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 162f1, do 26.02.2025
  
4.620603 (12/PNP-001655)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Arias Rodríguez, Raquel e 19 máis
 Sobre a proposta de resolución que se presenta en relación coa vulneración do principio de igualdade de trato entre homes e mulleres e coa desvalorización dos cargos políticos baseándose unicamente no seu xénero
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 162f1, do 26.02.2025
  
Punto 5.Interpelacións
  
5.11137 (12/INT-000050)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén e 15 máis
 Sobre os concertos sanitarios como mecanismo do modelo de sanidade pública
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 10f1, do 12.04.2024
  
5.219844 (12/INT-000789)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Ríos Santomé, Paulo e Bará Torres, Xosé Luís
 Sobre os resultados que está a ter o último plan do Goberno galego de transporte público por estrada e o grao de cumprimento dos contratos por parte das empresas concesionarias
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 159f2, do 19.02.2025
  
5.320084 (12/INT-000805)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 López Font, Carlos e Castro Rey, Paloma
 Sobre a xestión das políticas de vivenda por parte da Xunta de Galicia, especialmente das dirixidas á mocidade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 159f2, do 19.02.2025
  
Punto 6.Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta de Galicia
  
6.121103 (12/POPX-000035)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Gómez Besteiro, José Ramón
 Sobre a valoración que fai o Goberno galego respecto do grao de equidade que está a conseguir no financiamento das administracións galegas
  
6.221104 (12/POPX-000036)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre as medidas do Goberno galego para avanzar na igualdade real das mulleres
  
Punto 7.Preguntas ao Goberno
  

7.1               20074 (12/POP-003104)

                    Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

                    Méndez López, Lara e Rodríguez Dacosta, María del Carmen

Sobre os eventuais estudos ou informes dos que dispón a Xunta de Galicia respecto do alcance dos estragos que está a producir o crecemento da poboación de xabaril

                    Publicación da iniciativa, BOPG n.º 159f2, do 19.02.2025

                    

7.2               21081 (12/PUP-000085)

                    Grupo Parlamentario Popular de Galicia

                    Trenor López, Gonzalo e 8 máis

Sobre a xestión do tratamento dos residuos sólidos urbanos na planta de Nostián, na Coruña

                   

7.3               18601 (12/POP-002895)

                    Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

                    González Iglesias, Carmela e 3 máis

                    Sobre a creación e composición do Observatorio das Mulleres do Mar

                    Publicación da iniciativa, BOPG n.º 153f2, do 06.02.2025

                   

7.4               19369 (12/POP-002998)

                    Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

                    Fernández Alfonzo, Ramón Tomás e 2 máis

Sobre as queixas relativas á calidade da comida na Residencia Dolores Díaz de Dávila, en Ortigueira

                    Publicación da iniciativa, BOPG n.º 156f4, do 12.02.2025

 

7.5               21091 (12/PUP-000087)

                    Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

                    Iglesias Rey, Patricia e Espinosa Mangana, María Elena

Sobre o tempo que tardará a Xunta de Galicia en aceptar o plan de condonación de débeda pública que lle propón o Goberno central

                   

7.6               19636 (12/POP-003040)

                    Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

                    Espinosa Mangana, María Elena e Longueira Castro, Silvia

Sobre as medidas que está disposta a adoptar a Xunta de Galicia orientadas a afrontar o incremento de casos de agresión ao persoal sanitario

                    Publicación da iniciativa, BOPG n.º 159f2, do 19.02.2025

                   

7.7               19839 (12/POP-003057)

                    Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

                    Ríos Santomé, Paulo e Prado Cores, María Montserrat

Sobre a dotación do novo centro de saúde de Moaña do servizo de urxencias sanitarias e doutros servizos incluídos no convenio asinado entrambas as administracións, autonómica e local

                    Publicación da iniciativa, BOPG n.º 159f2, do 19.02.2025

                      

7.8               20143 (12/POP-003139)

                    Grupo Parlamentario Popular de Galicia

                    Amigo Díaz, María Encarnación e 8 máis

Sobre a adopción de medidas para mellorar a seguridade do persoal sanitario e dos usuarios do Servizo Galego de Saúde

                    Publicación da iniciativa, BOPG n.º 159f2, do 19.02.2025

 

7.9               17375 (12/POP-002755)

                    Grupo Parlamentario Popular de Galicia

                    Pomar Tojo, Carmen María e 9 máis

Sobre as actuacións que leva a cabo a Xunta de Galicia co fin de elaborar o plan de usos do Teatro Cine Fraga, de Vigo

                    Publicación da iniciativa, BOPG n.º 145f1, do 27.01.2025

 

7.10             20303 (12/POP-003205)

                    Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

                    Fernández González, Ariadna

Sobre o procedemento seguido pola Xunta de Galicia nas axudas ás explotacións afectadas pola enfermidade hemorráxica epizoótica

                    Publicación da iniciativa, BOPG n.º 159f2, do 19.02.2025

                   

7.11             21085 (12/PUP-000086)

                    Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

                    Fernández Fernández, Secundino

Sobre as previsións da Xunta de Galicia verbo da situación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo denunciada polo seu propio persoal investigador

 

O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.

 

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2025

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina