saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior celebrada o 28 de febreiro de 2025

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 28 de febreiro de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación con modificacións

 

- 19019 (12/PNC-001743)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Prado del Río, Paula e 8 máis

Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co obxecto de que o Instituto de Medicina Legal de Galicia asine convenios de colaboración coas facultades e escolas galegas que corresponda para poder recibir alumnado en prácticas

BOPG n.º 156f2, do 12.02.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 11 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia para que o Instituto de Medicina Legal de Galicia asine convenios de colaboración coas escolas e facultades galegas que corresponda para poder recibir alumnos en prácticas.

 

O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a que continúe impulsando a formación especializada en materia de violencia de xénero, que asegure que o Instituto de Medicina Legal, na formación inicial e continua dos equipos psicosociais especializados que asisten aos xulgados, inclúan transversalmente a perspectiva de xénero, así como a capacidade para a identificación das violencias sexuais, e o establecemento da obrigatoriedade ou dos incentivos necesarios para o acceso á dita formación."​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina