saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego celebrada o 27 de febreiro de 2025

 

A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 27 de febreiro de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 17900 (12/PNC-001664)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pérez López, Noelia e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno de España para recuperar a vía formativa das microcredenciais como unha posibilidade de arraigamento e integración social a través da formación

BOPG n.º 147f2, do 29.01.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que recupere a vía formativa das microcredenciais como unha posibilidade do arraigo para a formación non Real Decreto 1155/2024, de 19 de novembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei Orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro, sobe dereitos e liberdades dos estranxeiros en España.".

 

Aprobación con modificacións

 

- 17079 (12/PNC-001593)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Arias Rodríguez, Raquel e 16 máis

Sobre a demanda á Xunta de Galicia do impulso, xunto coa Fegamp, da aplicación do protocolo contra as violencias sexuais e LGTBIfóbicas nos espazos de lecer nocturno e nos eventos festivos

BOPG n.º 139, do 15.01.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 11 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.

 

 

 

 

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que, en colaboración coa FEGAMP, promova a aplicación do protocolo contra as violencias sexuais e LGTBi-fóbicas nos espazos de lecer nocturno, en locais de todos os concellos de Galicia, nos que se empracen estes tipos de establecementos, así como o protocolo contra as violencias sexuais e LGTBi fóbicas en eventos e espazos festivos e desenvolva accións de información, prevención e sensibilización en materia de violencia sexual e trata con fins de explotación sexual.".

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 19498 (12/PNC-001795)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Suárez Fernández, Iago e 2 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego co obxectivo de mellorar a atención sanitaria no Hospital Comarcal de Monforte de Lemos

BOPG n.º 156f2, do 12.02.2025

 

Sométese a votación separada por puntos:

 

-Puntos 1, 2 e 3: aprobados pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

-Punto 4: rexeitado por 7 votos a favor, 9 votos en contra e 0 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

1. Asegurar a atención sanitaria a toda a poboación dependente do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos.

2. Cubrir as prazas nas especialidades onde actualmente hai falta de profesionais no Hospital de Monforte de Lemos (dixestivo, psiquiatría, rehabilitación, pediatría, radioloxía e laboratorio), na medida en que haxa profesionais sanitarios dispoñibles para poder contratar.

3. Dotar o hospital de Monforte de Lemos dun mamógrafo que permita retomar a asistencia e os cribados de cancro de mama neste centro no prazo dun mes.".​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina