Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 12 de febreiro de 2025
4.2 11780(12/PNP-000976) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central en materia de financiamento da dependencia
Publicación da iniciativa, 94, 01.10.2024
O texto aprobado é o seguinte:
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a reclamar ao Goberno de España:
1. Que cumpra o artigo 9 da Lei de dependencia e achegue os importes mínimos por cada dependente atendido establecidos polo seu propio Real Decreto de reforma do sistema de dependencia que estableceu e que está obrigado a financiar.
2. Que salde a débeda con Galicia polo incumprimento do pago das contías mínimas das prestacións económicas dende a entrada en vigor do decreto.
3. Que cumpra a Lei de Dependencia que lle obriga a cofinanciar o 50% e salde a débeda acumulada con Galicia, en definitiva que aborde o déficit estrutural da financiación da dependencia".
4.5 15654(12/PNP-001325) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Fidalgo Iglesias, Miguel e 9 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central para que axilice todos os trámites necesarios para poñer en marcha o Proxecto da Biblioteca Pública do Estado en Vigo
Publicación da iniciativa, 135, 02.01.2025
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España a que axilice todos os trámites necesarios para poñer en marcha o Proxecto da Biblioteca Pública do Estado en Vigo".