A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 6 de febreiro de 2025, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 14065 (12/PNC-001372)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pérez López, Noelia e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central en relación co traspaso de fondos para o desenvolvemento de programas específicos de emprego
BOPG n.º 115f2, do 13.11.2024
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 7 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para reclamarlle os fondos necesarios que nos permitan poñer en marcha programas específicos de emprego a raíz do éxito dos proxectos piloto existentes na Comunidade galega."
Aprobación con modificacións
- 11759 (12/PNC-001116)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 8 máis
Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia para que publique un modelo de gobernanza do espazo de datos do sistema sanitario galego co obxecto de mellorar a prestación de asistencia, investigación e innovación
BOPG n.º 95f1, do 02.10.2024
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 12 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a publicar un modelo de gobernanza do espazo de datos do sistema sanitario galego que permita mellorar a prestación de asistencia, investigación e innovación.
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a colaborar co Goberno de España e as autoridades europeas, no desenvolvemento de todas as medidas que garantan a posta en marcha do Regulamento do Espazo Europeo de datos sanitarios, a súa confidencialidade e o servizo de interese xeral.
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a colaborar cos colexios profesionais de ámbito sanitario de Galicia, e as institucións educativas e investigadoras, así como todas aquelas que poidan estar afectadas polo desenvolvemento do dito Regulamento europeo."