saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 24 de xaneiro de 2025

A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 24 de xaneiro de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 13184 (12/PNC-001251)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Viso Diéguez, Miguel Ángel e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central referida ao desenvolvemento de medidas para reducir a sinistralidade no uso dos tractores agrícolas

BOPG n.º 106f1, do 23.10.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 12 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España a desenvolver medidas dirixidas a reducir a sinistralidade asociada ao envorco de tractores agrícolas, co obxecto de garantir a seguridade e o benestar dos nosos profesionais e avanzar cara unha agricultura máis segura e sostible."

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 9606 (12/PNC-000934)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Viso Diéguez, Miguel Ángel e 8 máis

Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co fin de que siga intensificando as axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños rurais

BOPG n.º 78f1, do 06.09.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a seguir intensificando as axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais."​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina