A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 23 de xaneiro de 2025, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 7025 (12/PNC-000816)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Davila, María Cristina e 2 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co obxecto de mellorar a seguridade viaria e peonil da estrada N-120, ao seu paso polos concellos de Ponteareas, Mondariz, O Covelo e A Cañiza
BOPG n.º 60, do 05.08.2024
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento galego insta o goberno da Xunta de Galiza a demandar do goberno do Estado a:
1.- Mellorar o firme da N-120 entre Ponteareas e A Caniza, eliminando así os centos de buratos e fochancas que afectan á seguridade viaria.
2.- Elaboración dun estudo, e posterior proxecto, que defina as melloras necesarias (como beiravías, rotondas, sendas, iluminación, pasos de peóns...) para dotar de seguridade viaria e peonil a toda a veciñanza de núcleos rurais asentados ás marxes da N-120, para facilitar a mobilidade a pé de todas as persoas que se trasladan a otras vivendas, servizos, núcleos próximos ou para realizar exercicio físico.
3.- Compartir este estudo e as distintas solucións a través dun proceso de participación cos Concellos e distintas asociacións parroquiais e colectivos veciñais afectados.
4.- Aprobación do proxecto de mellora da seguridade viaria na N-120 entre
Ponteareas e Confurco xa realizado e entregado, asignación da partida necesaria para o
investimento e licitación e adxudicación das obras coa maior urxencia posible.
5.- Seguir avanzando co proxecto no que o Ministerio de Transportes e
Mobilidade Sostible está a traballar para termos un novo enlace entre a A-52 e a N-120
que mingüe a densidade de tráfico da N-120."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 12344 (12/PNC-001178)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Hermelo Piñeiro, María Dolores e 8 máis
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central respecto do estado da estrada N-640 no tramo entre Meira e A Pastoriza e das condicións da rede viaria estatal en Galicia en xeral
BOPG n.º 97f1, do 09.10.2024
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para:
1.- Iniciar con carácter urxente as obras de mellora da estrada N-640 no tramo limítrofe entre os concellos de Meira e Pastoriza, especialmente no punto kilométrico 60 e as súas proximidades, para garantir a seguridade dos usuarios e reducir o risco de accidentes.
2.- Manter a rede viaria estatal en boas condicións, asegurando que se dispoña dun pavimento axeitado, sinalización visible e alumeado suficiente para favorecer unha circulación segura e fluída aos galegos e galegas".