saltar ao contido

Acordos aprobados na Comisión 4ª, Educación e Cultura celebrada o 22 de xaneiro de 2025,

A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 22 de xaneiro de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 14912 (12/PNC-001457)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Vázquez Suárez, Cecilia e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co obxecto de que tome as medidas necesarias para garantir a asistencia sanitaria de todo o colectivo docente adscrito a Muface

BOPG n.º 127, do 04.12.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a solicitar o Goberno de España, que tome as medidas necesarias para asegurar a continuidade na asistencia sanitaria a todo o colectivo docente adscrito a MUFACE."

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 5473 (12/PNC-000664)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pomar Tojo, Carmen María e 8 máis

Sobre a demanda ao Goberno galego da formalización da colaboración entre as direccións xerais de Patrimonio Cultural e de Emerxencias e Interior en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia

BOPG n.º 40f1, do 19.06.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a formalizar a colaboración en materia de protección do patrimonio cultural entre a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior para mellorar a protección e salvagarda do patrimonio cultural de Galicia​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina