A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 28 de xaneiro de 2025, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 21 de xaneiro de 2025, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Texto lexislativo
1.1 Debate de totalidade do Proxecto de lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital (doc. núm. 15320, 12/PL-000006)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 130f2, do 12.12.2024
Publicación das emendas á totalidade BOPG n.º 141, do 17.01.2025
Punto 2. Debate e votación do Ditame da Comisión non permanente de investigación sobre a contratación pública da Administración autonómica, e dos votos particulares (doc. núm. 11141, 12/SCI-000004)
Publicación das normas de funcionamento, BOPG n.º 102f3, do 17.10.2024
Publicación do ditame de Comisión, BOPG n.º 138, do 14.01.2025
Publicación dos votos particulares ao ditame da Comisión, BOPG n.º 138, do 14.01.2025
Punto 3. Comparecencia
3.1 17807 (12/CPP-000029)
Do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, por petición propia, para explicar as liñas mestras da Consellería na procura de man de obra cualificada para a cobertura de vacantes en sectores estratéxicos en Galicia
Punto 4. Mocións
4.1 15601 (12/MOC-000040)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Suárez Fernández, Iago
Sobre as estratexias da Xunta para a fixación da mocidade no medio rural (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 14080, publicada no BOPG núm. 115f2, do 13 de novembro de 2024, e debatida na sesión plenaria do 17 de decembro de 2024.)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 135, do 02.01.2025
4.2 15602 (12/MOC-000041)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla
Sobre o modelo de residencias de atención aos maiores seguido polo Goberno galego (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 3470, publicada no BOPG núm. 24f1, do 15 de maio de 2024, e debatida na sesión plenaria do 17 de decembro de 2024.)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 135, do 02.01.2025
4.3 15632 (12/MOC-000042)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Longueira Castro, Silvia
Sobre o modelo asistencial das residencias de maiores en Galicia (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 5933, publicada no BOPG núm. 43f1, do 26 de xuño de 2024, e debatida na sesión plenaria do 17 de decembro de 2024.)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 135, do 02.01.2025
Punto 5. Proposicións non de lei
5.1 12902 (12/PNP-001051)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Abalde Alonso, Julio Ernesto e 2 máis
Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co obxecto de que explique e remita ao Parlamento a proposta de creación da Fundación Pública para o Impulso da Ciencia de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 102f1, do 17.10.2024
5.2 15652 (12/PNP-001324)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Lorenzo Gómez, Rubén e 8 máis
Sobre a esixencia dun compromiso á Xunta de Galicia, así como o traslado ao Goberno central, en favor de medidas orientadas á repotenciación dos parques eólicos antigos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 135, do 02.01.2025
5.3 15707 (12/PNP-001328)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén e 24 máis
Sobre a proposta de resolución que se presenta co fin de o Parlamento de Galicia apoiar a celebración do Ano Castelao en 2025
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 135, do 02.01.2025
5.4 16278 (12/PNP-001344)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis
Sobre a demanda ao Goberno galego da garantía dunha xestión pública e directa do Centro de Atención a Persoas con Diversidade Funcional de Ourense
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 139, do 15.01.2025
5.5 16710 (12/PNP-001375)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Carrera, María Felisa e 16 máis
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central respecto da transferencia da AP-9, o novo trazado para a A-52, a seguridade viaria na A-55 e a interlocución con todos os concellos afectados
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 139, do 15.01.2025
5.6 17126 (12/PNP-001385)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén e 24 máis
Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co obxecto de garantir unha xestión pública e directa no futuro Centro de Atención a Personas con Discapacidade de Ourense
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 139, do 15.01.2025
Punto 6. Interpelacións
6.1 2130 (12/INT-000147)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
Sobre a ampliación dos espazos protexidos dentro da Rede Natura 2000
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 20f1, do 02.05.2024
6.2 8703 (12/INT-000422)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Méndez López, Lara e Rodríguez Dacosta, María del Carmen
Sobre a problemática que afecta o sector lácteo e a necesidade de creación dun foro de colaboración e escoita neste ámbito
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 69f1, do 22.08.2024
6.3 16261 (12/INT-000681)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Fernández, Secundino e 2 máis
Sobre as consecuencias para Galicia do acordo de libre comercio entre Mercosur e a Unión Europea
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 139, do 15.01.2025
6.4 17098 (12/INT-000698)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén e 24 máis
Sobre as estratexias que pensa desenvolver o Goberno galego para abordar a situación da atención primaria na sanidade pública galega
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 139, do 15.01.2025
Punto 7. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
7.1 17834 (12/POPX-000029)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gómez Besteiro, José Ramón
Sobre a orientación que lles está a dar o Goberno galego ás súas políticas de loita contra as desigualdades
7.2 17837 (12/POPX-000030)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre a reversión das privatizacións e a reconstrución da Área Sanitaria de Vigo
Punto 8. Preguntas ao Goberno
8.1 15888 (12/POP-002298)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Ruanova Vilas-Boas, Brais e Ríos Santomé, Paulo
Sobre as previsións que o Goberno galego ten de dotar a comarca do Baixo Miño cun servizo de transporte público de persoas por estrada que cubra as necesidades de mobilidade da cidadanía desta comarca
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 137f1, do 10.01.2025
8.2 17810 (12/PUP-000070)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e Iglesias Rey, Patricia
Sobre o criterio da Xunta de Galicia respecto da constatación de mortes por fusilamentos e polo trato ás persoas represaliadas producidas na illa de San Simón entre outubro de 1936 e marzo de 1943
8.3 17830 (12/PUP-000072)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís
Sobre as iniciativas de coñecemento e divulgación que prevé impulsar a Xunta de Galicia logo da declaración da Illa de San Simón como lugar de memoria democrática
8.4 17080 (12/PUP-000068)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis
Sobre as liñas básicas do Plan integral de actuación para a renovación e impulso dos centros de información ás mulleres, que se porá en marcha neste ano 2025
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 140f1, do 16.01.2025
8.5 16708 (12/POP-002566)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén e 24 máis
Sobre a declaración do proxecto para a instalación dunha planta de biometanización en Coeses, no concello de Lugo, como iniciativa empresarial prioritaria
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 140f1, do 16.01.2025
8.6 16900 (12/PUP-000067)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Martínez, Roberto e 8 máis
Sobre os compromisos do Goberno central respecto das bonificacións nas autoestradas estatais de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 140f1, do 16.01.2025
8.7 16370 (12/POP-002452)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Espinosa Mangana, María Elena e 2 máis
Sobre as accións que pensa impulsar o Goberno galego co obxectivo de rebaixar as listaxes de agarda para consultas no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 140f1, do 16.01.2025
8.8 17348 (12/POP-002742)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 8 máis
Sobre os cambios que está a incorporar a Xunta de Galicia co obxectivo de mellorar o programa galego de cribado neonatal
8.9 16160 (12/POP-002374)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Abalde Alonso, Julio Ernesto e López Font, Carlos
Sobre a valoración que fai o Goberno galego da situación da produción marisqueira das rías galegas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 140f1, do 16.01.2025
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2025
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente