saltar ao contido

Acordos aprobados na Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo celebrada o 21 de xaneiro de 2025

A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 21 de xaneiro de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 13077 (12/PNC-001236)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pérez Fernández, Rosana e 4 máis

Sobre as accións que a Xunta de Galicia debe pór en marcha co obxectivo de afrontar o problema da escaseza de polbo nas rías galegas

BOPG n.º 102f1, do 17.10.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galiza insta o Goberno galego a:

1. Axilizar e concluír as investigacións e os estudos que, en virtude dos acordos unánimes do Parlamento galego dos últimos anos, se teñan posto en marcha a respecto da escaseza de polbo nas rías galegas.

2. Establecer, de cara á vindeira campaña do polbo todas as medidas técnicas necesarias que permitan unha explotación máis sostíbel e unha recuperación da especie.

3. Contemplar as partidas orzamentarias suficientes que sosteñan esas medidas técnicas e, nomeadamente, a cobertura económica do sector diante da moi demorada e necesaria ampliación do perído de veda, para evitar a perda de postos de traballo e o incremento da presión noutras pesquerías."

 

- 15769 (12/PNC-001534)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

García González, Patricia e 8 máis

Sobre as medidas que a Xunta de Galicia debe levar a cabo respecto da recente decisión da Unión Europea de non incluír Vigo como porto nodal na Rede Transeuropea de Transportes (TEN-T)

BOPG n.º 137f2, do 10.01.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para:

1. Intensificar as accións diplomáticas ante a Unión Europea para reclamar a inclusión do porto de Vigo como porto nodal na Rede Transeuropea de Transportes (TEN-T).

2. Requirir á Comisión Europea unha revisión inmediata da Regulamento vixente, solicitando o establecemento de criterios obxectivos, que non se limiten ao número de toneladas e que demostren a importancia estratéxica, económica, loxística e sostible do porto de Vigo, así como de outros portos europeos de similares características.

3. Solicitar o respaldo do Parlamento Europeo e dos eurodeputados galegos para visibilizar a inxustiza desta decisión e traballar conxuntamente na súa reversión."

 

- 15771 (12/PNC-001535)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

García González, Patricia e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central para que se rectifiquen as decisións tomadas no ámbito comunitario e que comportan a redución das cotas pesqueiras

BOPG n.º 137f2, do 10.01.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia, a dirixirse ao Goberno de España para:

 

1.- Demandar que se rectifiquen estas decisións no ámbito comunitario e insistir na necesidade de:

-Revisar os criterios de reparto das cotas de Gran Sol, priorizando unha distribución máis equitativa.

-Apostar por melloras nos sistemas de avaliación científica, incorporando datos máis precisos sobre os stocks de pesqueiras en zonas como o Atlántico Norte, baseándose en índices que reflictan as condicións reais das augas galegas."​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina