saltar ao contido

O presidente do Parlamento destaca a faceta humanista de Castelao no seu 75 cabodano

 

O presidente do Parlamento destaca a faceta humanista de Castelao no seu 75 cabodano

 

 

  • Considera a declaración deste 2025 como Ano Castelao un paso adiante para honrar a figuras determinantes da nosa historia

 

  • Destaca o papel desenvolvido pola Cámara autonómica á hora de reivindicar o noso pasado e o traballo dos nosos devanceiros

 

 

 

Santiago, 7 de xaneiro de 2025.- O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, destacou hoxe a faceta humanista de Castelao e o seu galeguismo non excluínte no acto da conmemoración do 75 aniversario do seu pasamento acontecido en 1950 en Buenos Aires.

 

Na súa intervención no Panteón de Galegas e Galegos ilustres, referiuse á decisión da Xunta de declarar este 2025 como Ano Castelao como “un paso adiante na tarefa coral de dar a coñecer o noso pasado e tamén honrar ás figuras determinantes da nosa historia".

 

Santalices lembrou o papel protagonista que vén desenvolvendo o Parlamento de Galicia á hora de reivindicar o noso pasado, con actos como a homenaxe tributada a Alexandre Bóveda ou, máis recentemente, ao propio Castealo, como primeiro presidente do Consello de Galiza constituído en Montevideo en 1944. Nesa tarefa, engadiu o convencemento de que  “somos o que somos e chegamos a onde chegamos grazas ao traballo e o sacrificio de moitos dos nosos devanceiros".

 

Defendeu o xefe do Lexislativo autonómico que hoxe, 75 anos despois do falecemento de Castelao, “podemos afirmar que somos unha comunidade autónoma avanzada, democrática e dona do seu futuro da man dun sistema de autogoberno sustentado sobre a Constitución e e  o Estatuto de Autonomía.

 

Lembrou ademais que o camiño percorrido para chegar ata esta situación culminou hai algo máis de 40 anos cunha transición modélica “coa esperanza de transitar da man da concordia e o estado de dereito.

 

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina