saltar ao contido

Santalices destaca a honestidade e o rigor na traxectoria profesional de Pilar Cernuda

 

Santalices destaca a honestidade e o rigor na traxectoria profesional de Pilar Cernuda

 

 

  • O presidente do Parlamento presidiu a entrega do Premio de Xornalismo Carlos Casares 2024 outorgado á xornalista de orixe galega

 

 

 

Santiago, 20 de decembro de 2024.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, referiuse hoxe á honestidade e ao rigor como características que definen a extensa traxectoria profesional da xornalista Pilar Cernuda, que hoxe foi distinguida co Premio Carlos Casares 2024 outorgado polo concello ourensán de Xinzo de Limia.

 

Neste acto, Santalices lembrou e agradeceulle a súa colaboración e dispoñibilidade nas distintas ocasións nas que participou en actos organizados pola Cámara autonómica. “Sempre é un luxo contar coa súa certeira opinión e gozar da narración dos feitos dos feitos dos que foi testemuña nas etapas que marcaron o devir histórico da política nacional", afirmou.

 

O xefe do Lexislativo definiu a Cernuda  como unha xornalista de raza pertencente á vella escola e que aínda conserva a paixón polo xornalismo. Mencionou tamén na súa intervención outra das súas brillantes facetas como destacada escritora que, na súa primeira obra de ficción, adentrouse na intimidade das súas propias raíces para abordar a temática da emigración.

 

 

 

 

Casares

 

Por outra banda, lembrou a faceta parlamentaria de Carlos Casares, como parlamentario no Pazo de Xelmírez na primeira Lexislatura, nun momento no que se asentaron as bases da Galicia  moderna e avanzada.

 

O presidente do Parlamento destacou daquela etapa “a súa paixón pola lingua", a mesma que o levou a cultivar con éxito os distintos estilos literarios cos co que contribuiu ao en enriquecemento da nosa cultura cunha indiscutible vocación de universalidade.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina