Minuto de silencio contra a violencia machista no Parlamento, logo do asasinato dunha muller en Viveiro
Santiago, 19 de decembro de 2024.- O Parlamento de Galicia gardou hoxe un minuto de silencio en repulsa contra a violencia machista, logo do asasinato dunha muller en Viveiro no día de onte.
A concentración, celebrada na escaleira exterior do Pazo do Hórreo contou coa participación do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, integrantes da Mesa da Cámara, portavoces dos grupos parlamentarios, deputadas e deputados e persoal da institución, e o conselleiro maior do Consello de Contas
Saúdos, Gabinete de Comunicación.