saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 18 de decembro de 2024

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 18 de decembro de 2024

      

 

 

4.3 14835(12/PNP-001253) Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Marnotes Fernández, Argimiro e 8 máis

Sobre a demanda que Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co obxectivo de que leve a cabo as obras necesarias para mellorar a seguridade viaria na estrada N-541, especialmente entre Punxín e Pontevedra

Publicación da iniciativa, 127, 04.12.2024

 

 

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para esixir accións inmediatas da mellora da N-541 para reducir a alta sinistralidade nesta vía de comunicación, adaptando esta estrada ás necesidades de tráfico que garanticen a seguridade de vehículos así como dos habitantes dos núcleos de poboación polos que transcurre e se realice ao mesmo tempo un estudio de viabilidade que contemple unha autovía ou vía de alta capacidade sen pasar por núcleos de poboación entre O Carballiño e Pontevedra.

 

 

 

 

 

 

 

 

4.5 14920(12/PNP-001261) Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Verea Fraiz, Borja e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co obxecto de habilitar os procedementos necesarios para as empresas poderen patrocinar a partir do 1 de xaneiro de 2025 actividades turísticas ao abeiro do Xacobeo 2027

Publicación da iniciativa, 127, 04.12.2024

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

1.O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar do Goberno de España que habilite mediante os procedementos que resulten necesarios, que as empresas que desexen patrocinar actividades turísticas ao abeiro do Xacobeo 2027 o poidan facer a partir do 1 de xaneiro de 2025.

 

 

2. O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:

 

 a) Deseñar un mapa territorial por toda a xeografía galega que chegue ao máximo número de concellos e cando menos a todas as comarcas galegas.

 

b) Facer unha distribución equitativa e igualitaria das actuación de maior impacto por todo o territorio.

 

c) Que o acceso aos distintos eventos sexan en igualdade de condicións.

 

​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina