A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 29 de novembro de 2024, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 8536 (12/PNC-000881)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Barreiro Sánchez, Enrique e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno de España para que flexibilice os requisitos de benestar animal relativos ao deseño das explotacións
BOPG n.º 68, do 21.08.2024
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 11 votos a favor, 0 votos en contra e 6 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España, en particular ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, para que materialice canto antes a flexibilización dos requisitos de benestar animal relativos ao deseño das explotacións e se acelere a tramitación e entrada en vigor do real decreto que os modifica."
- 13289 (12/PNC-001263)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Viso Diéguez, Miguel Ángel e 14 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central en relación co nivel de protección do lobo
BOPG n.º 102f1, do 17.10.2024
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 11 votos a favor, 0 votos en contra e 6 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico a que rectifique a súa decisión de incluír ao “Canis Lupus" (lobo) do Listado de Especies Silvestres en Régimen de Protección Especial (LESPRE) e do Catálogo Español de Especies Amenazadas."