saltar ao contido

Acordos aprobados na Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego celebrada o 28 de novembro

A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 28 de novembro de 2024, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 14071 (12/PNC-001375)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pérez López, Noelia e 8 máis

Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co obxecto de que continúe desenvolvendo accións no terreo do emprendemento como medio de afrontar o reto demográfico e fixar poboación no territorio

BOPG n.º 115f2, do 13.11.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 12 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a seguir impulsando accións de emprendemento como un xeito de afrontar o reto demográfico e fixar poboación no territorio, ademais de dirixirse ao Goberno central para reclamarlle os fondos necesarios relativos ao financiamento para dar cobertura aos custos dos centros."

 

Aprobación con modificacións

 

- 14402 (12/PNC-001408)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Amigo Díaz, María Encarnación e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central respecto da situación producida polo fracaso das negociacións do concerto de Muface coas aseguradoras

BOPG n.º 118f1, do 20.11.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 11 votos a favor, 0 votos en contra e 6 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

 

1. Dirixirse ao Goberno de España para que informe con transparencia dos procedementos adoptados para a nova licitación para o concerto de xestión de MUFACE.

 

2. Dirixirse ao Goberno de España a que adopte cantas medidas sexan precisas para garantir a plena asistencia aos mutualistas, licitando de maneira urxente o concerto con MUFACE, e impedindo que esta situación, na que ten responsabilidade directa o Goberno de España, impacte nos sistemas sanitarios públicos das distintas comunidades autónomas.

 

3. Dirixirse ao Goberno de España para que, en caso necesario, prorrogue o servizo actual de acordó co artigo 29.4 da Lei de contratos do sector público ata que non se produza a nova adxudicación."

 

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 11134 (12/PNC-001057)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Carreira Pazos, Iria e Prado Cores, María Montserrat

Sobre as accións que debe impulsar a Xunta de Galicia en relación co servizo de hospitalización a domicilio (Hado)

BOPG n.º 91f2, do 25.09.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento insta a Xunta de Galicia a:

 

1º. Garantir a cobertura de toda a poboación a través da Hospitalización a Domicilio no prazo máximo dun ano.

 

2º. Dotar aos servizos de Hospitalización a Domicilio dos recursos humanos e materiais precisos para poder garantir o funcionamento do servizo."

​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina