saltar ao contido

Acordos aprobados na Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos celebrada o 27 de novembro de 2024

 

A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 27 de novembro de 2024, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 13401 (12/PNC-001278)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Varela Fernández, Katherinie e 10 máis

Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central en relación co proxecto de construción da conexión entre o porto seco de Monforte e as estradas N-120 e LU-933

BOPG n.º 106f1, do 23.10.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España e trasladarlle as seguintes demandas:

 

1º - Instar a Adif a autorizar o proxecto de conexión do Porto Seco de Monforte coa N-120, deixando de insistir en exixencias que nada teñen que ver co proxecto da conexión do Porto Seco entre a Nacional 120 e a Lu 933.

 

2º - Instar á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e á Demarcación de Estradas do Estado a que respecte o consenso acadado sobre o proxecto construtivo do novo acceso ao Porto Seco e autoricen esta actuación tan importante para a cidade de Monforte de Lemos e da súa contorna."​​

​​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina