saltar ao contido

Convocatoria da sesión plenaria prevista para o 3 de decembro de 2024

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 3 de decembro de 2024, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 26 de novembro de 2024, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

Punto 1.Comparecencias
  
1.19953 (12/CPP-000020)
 Da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, por petición propia, para informar sobre as liñas xerais de actuación do seu departamento
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 77, do 05.09.2024
  
1.214900 (12/CPP-000027)
 Da conselleira do Medio Rural, por petición propia, para informar dos resultados do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia unha vez finalizada a tempada de alto risco do 2024
  
Punto 2.Mocións
  
2.114878 (12/MOC-000035)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Valcárcel Armesto, Montserrat
 Sobre as liñas estratéxicas da Xunta de Galicia relativas á planificación da presenza do eucalipto no monte galego ante o remate da vixente moratoria a novas plantacións (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 13806, publicada no BOPG núm. 112f2, do 5 de novembro de 2024, e debatida na sesión plenaria do 19 de novembro de 2024.)
  
2.214883 (12/MOC-000036)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Taibo Corsanego, Iria
 Sobre a situación do galego reflectida no sexto informe do Comité de Expertos do Consello de Europa sobre o cumprimento da Carta europea para as linguas rexionais ou minoritarias (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 12942, publicada no BOPG núm. 102f2, do 17 de outubro de 2024, e debatida na sesión plenaria do 19 de novembro de 2024.)
  
2.314886 (12/MOC-000037)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Longueira Castro, Silvia
 Sobre o uso oficial da lingua galega alén do propio marco institucional da Comunidade Autónoma de Galicia (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 3691, publicada no BOPG núm. 28f1, do 22 de maio de 2024, e debatida na sesión plenaria do 19 de novembro de 2024.)
  
Punto 3.Proposicións non de lei
  
3.13504 (12/PNP-000389)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Castro Rey, Paloma e 2 máis
 Sobre determinadas accións que o Goberno galego debe levar adiante no ámbito das políticas de loita contra a violencia de xénero
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 24f1, do 15.05.2024
  
3.213110 (12/PNP-001073)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 López Font, Carlos e Castro Rey, Paloma
 Sobre as medidas que o Goberno galego debe pór en marcha en materia de vivenda de protección pública
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 102f1, do 17.10.2024
  
3.313871 (12/PNP-001159)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Candia López, María Elena e 9 máis
 Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central, así como a proposta de resolución que se presenta ante o Pleno do Parlamento, respecto da situación da factoría de alumina e aluminio da Mariña e do seu persoal
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 112f1, do 05.11.2024
  
3.414589 (12/PNP-001233)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Prado del Río, Paula e 14 máis
 Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co fin de materializar a transferencia competencial e o traspaso efectivo de funcións e medios en materia de servizos meteorolóxicos e estudos oceanográficos
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 118f2, do 20.11.2024
  
3.514608 (12/PNP-001234)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén e 21 máis
 Sobre a demanda de apoio por parte do Goberno galego á Proposición de lei orgánica de transferencia a Galicia dos servizos meteorolóxicos radicados en Galicia, rexistrada novamente nesta lexislatura polo Grupo Parlamentario do BNG
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 118f2, do 20.11.2024
  
3.614657 (12/PNP-001239)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén e 24 máis
 Sobre a proposta de resolución que se presenta respecto da capacidade da Comisión de investigación sobre a contratación pública da Administración autonómica de Galicia para o cumprimento dos seus obxectivos
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 118f2, do 20.11.2024
  
Punto 4.Interpelacións
  
4.13470 (12/INT-000236)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e Fernández González, Ariadna
 Sobre o modelo de residencias de atención aos maiores seguido polo Goberno galego
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 24f1, do 15.05.2024
  
4.213351 (12/INT-000586)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez Fernández, Rosana e Bará Torres, Xosé Luís
 Sobre a preservación da calidade das augas das rías galegas e a atención ao control das verteduras
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 106f2, do 23.10.2024
  
4.314234 (12/INT-000624)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Castro Rey, Paloma e Iglesias Rey, Patricia
 Sobre a adaptación do sistema de emerxencias da Comunidade á resposta que requiren os fenómenos meteorolóxicos extremos derivados do cambio climático
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 115f2, do 13.11.2024
  
Punto 5.Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
  
5.114958 (12/POPX-000025)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Gómez Besteiro, José Ramón
 Sobre o grao de respecto ao labor das institucións de Galicia por parte do presidente do Goberno galego
  
5.214959 (12/POPX-000026)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre as medidas que vai adoptar a Xunta de Galicia para garantir os dereitos das persoas maiores
  
Punto 6.

Preguntas ao Goberno

 

6.114148 (12/POP-002103)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Prado del Río, Paula e 8 máis
 Sobre as novidades introducidas na revisión do Plan especial de protección civil ante o risco de inundacións en Galicia
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 115f3, do 13.11.2024

 

6.213746 (12/POP-002038)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Longueira Castro, Silvia e Espinosa Mangana, María Elena
 Sobre o orzamento que prevé destinar o Goberno galego á prevención e sensibilización en Galicia ante os delitos homófobos
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 109, do 30.10.2024

 

6.314946 (12/PUP-000060)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
 

Sobre a oportunidade que ten a Xunta de Galicia de adquisición do pazo de Montesacro, no concello de Cambados, para convertelo nun centro socioasistencial de carácter público

 

6.414945 (12/PUP-000058)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Abalde Alonso, Julio Ernesto e Longueira Castro, Silvia
 Sobre a titulación de acceso ás prazas de educador ou educadora social da escala de técnicos facultativos do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia
  
6.514462 (12/POP-002128)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodríguez Martínez, Roberto e 8 máis
 Sobre os compromisos do Goberno central respecto das bonificacións nas autoestradas estatais de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 118f2, do 20.11.2024
  
6.614465 (12/POP-002129)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Fernández, Secundino e Prado Cores, María Montserrat
 Sobre as previsións que ten a Xunta de Galicia verbo da cobertura das prazas vacantes de pediatras no Centro de Saúde do Barco de Valdeorras
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 118f2, do 20.11.2024
  
6.714509 (12/POP-002133)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis
 Sobre a situación da atención pediátrica no Centro de Saúde do Barco de Valdeorras
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 118f2, do 20.11.2024

 

6.814923 (12/PUP-000057)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Amigo Díaz, María Encarnación e 8 máis
 Sobre a posible transferencia en Galicia dos usuarios de Muface á sanidade pública
  
6.914547 (12/POP-002139)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Alfonzo, Ramón Tomás e 2 máis
 Sobre a postura e as previsións da Xunta de Galicia ante o expediente de regulación de emprego presentado pola empresa Circet
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 118f2, do 20.11.2024

 

 

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2024

 

 

 

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina