saltar ao contido

Acordos aprobados na Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo celebrada o 26 de novembro de 2024

 

A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 26 de novembro de 2024, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 412 (12/PNC-000003)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Balseiro Orol, José Manuel e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co fin de que este teña en conta as alegacións presentadas ante as resolucións da Secretaría Xeral de Pesca en relación cos recortes de cotas nas pesqueiras do abadexo e da raia

BOPG n.º 6, do 05.04.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia:

1.- Dirixirse ao Goberno central para que teña en conta as alegacións presentadas ante as resolucións da Secretaría Xeral de Pesca sobre os recortes para as pesquerías do abadexo e da raia.

2.- O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a que dea conta, no Parlamento de Galicia, das alegacións presentadas ante as resolucións da Secretaría Xeral de Pesca sobre as pesquerías do abadexo e a raia."

 

- 14292 (12/PNC-001398)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pérez Fernández, Rosana e 4 máis

Sobre as accións que debe desenvolver o Goberno galego para evitar que un novo recorte en 2025 dos totais admisibles de capturas (TAC) e das cotas pesqueiras prexudique a frota galega

BOPG n.º 118f1, do 20.11.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:

 

1.- Reclamar do Goberno do Estado que, diante do Consello de Ministros de Pesca da UE do vindeiro mes de decembro:

 

.Faga valer o ditado pola sentenza do 11 de xaneiro desdte ano do Tribunal de Xustiza da UE, que recoñece nidiamente a importancia de atender as cuestións sociais e económicas e non só as medioambientais á hora da fixación das cotas nas distintas especies poque o contrario podería contribuir á paralización da frota.

 

.Vete de caleura redución de cotas que non vaia na liña da sentenza do TXUE mencionada ou que sigan afectando á viabilidade da frota pesqueira galega, nomeadamente á de baixura.

 

.Que avance nas medidas de cobertura económica da frota que se vexa afectada pola posíbel redución de cotas e que resolva e pague as eventuais axudas por paros biolóxicos nun prazo no superior a tres meses dende a súa convocatoria.

 

.Que, tendo en conta os antecedentes, inste á UE a tomar medidas para impedir a entrada no mercado europeo da xarda procedente dos países que se asignan cotas desa especie unilateralmente.

 

.Que leve a cabo unha xestión interna das cotas que correspondan en cada caso que impida a distorsión que se dá na actualidade entre as distintas zonas do Estado e que non sexa causa da especulación das posibilidades de pesca e da discriminación que se vén producindo ata o de agora.

 

2.- Elaboar, en previsión de novos paros para 2025 por escaseza de cotas, o seu propio plan de axudas ecnoómicas para a frota galega prexudicada polas posíbeis decisións do Consello de decembro, como complemento ás que puídera poñer en marcha o Goberno do Estado.

 

3.- Achegar ao Goberno español, de cara ás negociacións das posibilidades de pesca para 2025 na UE, os estudos científicos e socioeconómicos dos que dispoña e que poidan contribuír a determinar a situación real dos stocks para un establecemento acorde dos TAC en cada caso e que permitan a planificación do sector e a súa viabilidade a longo prazo.

 

4.- Instar ao Goberno do Estado e á Unión Europea a iniciar o procedemento que leve a unha profunda reforma da PPC que evite que continúe a desaparición da frota galega.

 

5.- O Parlamento de Galicia insta o goberno galego a dar conta, no Parlamento de Galicia, das recomendacións que traslada ao Goberno do Estado antes da celebración do Consello de Ministros de Pesca da UE do vindeiro mes de decembro, en defensa da frota de Galicia.".

 

 

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 6087 (12/PNC-000736)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Hermelo Piñeiro, María Dolores e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co fin de que realice os cambios lexislativos precisos para recoñecer as confrarías de pescadores de Galicia como organizacións de produtores pesqueiros e de que exerza a súa defensa ante a Unión Europea

BOPG n.º 43f1, do 26.06.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España e trasladar as seguintes demandas:

 

1º.- Que impulse os cambios lexislativos necesarios para recoñecer ás Confrarías de Pescadores como Organizacións de Produtores Pesqueiros e, deste xeito, acabar coas diferenzas entre elas no acceso a fondos públicos.

 

2º.- Defender diante das Institucións Europeas o papel das Confrarías de Pescadores para que sexan recoñecidas polo seu papel imprescindible na Política Pesqueira Común (PPC) e na Organización Común de Mercados (OCM)."

 

- 11815 (12/PNC-001125)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Abalde Alonso, Julio Ernesto e López Font, Carlos

Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia en relación coas axudas aos profesionais do mar afectados pola crise derivada da baixa produtividade dos bancos marisqueiros

BOPG n.º 95f1, do 02.10.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:

 

1. Poñer en marcha de modo inmediato as medidas do Plan de competitividade e sostenibilidade do marisqueo de Galicia 2024-2025 no relativo as axudas estables para os traballadores do mar afectados polos períodos de paralización de actividade como consecuencias da baixa produtividade dos bancos marisqueiros.

 

2. Aplicar criterios realistas, negociados co sector, así como unha xestións burocrática áxil para acceder a solicitude e concesión de axuda.".​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina