saltar ao contido

Acordos aprobados na Comisión 4ª, Educación e Cultura celebrada o 21 de novembro de 2024

A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 21 de novembro de 2024, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 10151 (12/PNC-000956)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Grueira Fernández, Nicole e 9 máis

Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co fin de que siga reforzando os programas Xuventude Mentoring e Xuventude Mentoring na Empresa para a transición entre o ámbito académico e o laboral

BOPG n.º 81f2, do 11.09.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 8 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a seguir reforzando o programa Xuventude Mentoring e o Programa Xuventude Mentoring na Empresa, có obxectivo de  seguir apoiando a transición da mocidade galega do ámbito académico ao laboral."

 

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 442 (12/PNC-000014)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Balseiro Orol, José Manuel e 8 máis

Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co obxectivo de reforzar as medidas de adaptación e integración educativa do alumnado orixinario doutros países para lle facilitar o seu proceso de aprendizaxe

BOPG n.º 9f2, do 11.04.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta a que, apoiándose na experiencia destes anos e ante os novos retos, reforce a adaptación e a integración educativa e pedagóxica dos alumnos e alumnas orixinarios doutros países e que estuden no sistema educativo galego para facilitar o seu proceso de aprendizaxe."

​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina