A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 18 de novembro de 2024, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 12 de novembro de 2024, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto único. Textos lexislativos
1.1 | Debate de totalidade do Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 (doc. núm. 13638, 12/PL-000004) |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 104f1, do 19.10.2024 | |
Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 114, do 12.11.2024 |
1.2 | Debate de totalidade do Proxecto de lei de medidas fiscais e administrativas (doc. núm. 13639, 12/PL-000005) |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 104f2, do 19.10.2024 | |
Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 114, do 12.11.2024 |
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2024
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente