4.2 5980(12/PNP-000626) Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co obxecto de que promova un incremento dos efectivos da Unidade de Policía Adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia (UPA)
Publicación da iniciativa, 43f1, 26.06.2024
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España e, nomeadamente ao Ministerio do Interior, para que articule un concurso de méritos na Policía Nacional que permita cubrir vacantes na Unidade de Policía Adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, e así incrementar ata os 500 efectivos que lle corresponden á nosa comunidade."
4.4 13362(12/PNP-001096) Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pérez López, Noelia e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co obxecto de que modifique as condicións de asignación e utilización de fondos finalistas en materia de políticas activas de emprego.
Publicación da iniciativa, 106f1, 23.10.2024
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que modifique, de acordo coas comunidades autónomas, as condicións de asignación e utilización de fondos finalistas en materia de políticas activas de emprego, outorgándolle ás comunidades autónomas unha maior flexibilidade para adaptalos ás necesidades e particularidades dos seus mercados laborais".