Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 12049 (12/PNC-001151)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis
Sobre as accións que o Goberno galego debe impulsar en relación coa rehabilitación integral da Praza de Abastos núm. 1 e a súa contorna, na cidade de Ourense
BOPG n.º 97f1, do 09.10.2024
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:
1. Impulsar o consenso preciso para un plan funcional definitivo para a futura distribución comercial, entre a Xunta de Galicia, Asociación de comerciantes e Concello de Ourense.
2. Pacte un acordo que recolla os compromisos económicos que vai asumir a Xunta de Galicia para a súa execución.
3. Que se produza a coordinación precisa para poder continuar coa seguinte fase das obras.
4. Que no prazo máximo de 3 meses, a Dirección Xeral de Patrimonio emita informe sobre a viabilidade da construción dunha pasarela peonil que permita o acceso dende a rúa Progreso á Praza de Abastos.".
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 12350 (12/PNC-001176)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central coa finalidade de que adopte as medidas necesarias para axilizar a homologación de títulos extracomunitarios de especialistas en ciencias da saúde
BOPG n.º 97f1, do 09.10.2024
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que adopte as medidas que sexan necesarias para axilizar a homologación de títulos extracomunitarios de especialistas en Ciencias da Saúde. Para iso, traballarase desde o consenso coas comunidades autónomas e en plena coordinación cos representantes dos profesionais sanitarios, co compromiso de garantir a seguridade e condicións de calidade e as esixencias de cualificación similares ás requiridas aos nacionais da Unión Europea.".