Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 6107 (12/PNC-000739)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Martínez, Roberto e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co obxecto de que elabore un estudo dos custos que suporía o rescate e a gratuidade da autoestrada AP-9
BOPG n.º 43f1, do 26.06.2024
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que elabore un estudo, serio e minucioso, sobre o custo que suporía o rescate e a gratuidade da autovía do Atlántico (AP-9) e a dar traslado do seu resultado ás forzas políticas con representación nesta Cámara."