saltar ao contido

Convocatoria da Sesión Plenaria do Parlamento de Galicia prevista para o 22 de outubro de 2024


A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 22 de outubro de 2024, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 15 de outubro de 2024, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

Punto 1.          Textos Lexislativos

           

1.1       Debate e votación do Ditame, emitido pola Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, sobre o Proxecto de lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia (doc. núm. 4254, 12/PL-000001)

            Publicación ditame da Comisión e mantemento de emendas BOPG n.º 90f1, do 24.09.2024

           

1.2       Debate de toma en consideración da Proposición de lei de iniciativa popular para o recoñecemento e protección das actividades pesqueiras e marisqueiras (doc. núm. 55197, 11/PPLI-000006)

            Publicación da admisión a trámite e constitución da Comisión Promotora, BOPG n.º 532, do 27.07.2023

 

Punto 2.          Mocións

           

2.1       12941 (12/MOC-000026)

            Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

            Presas Bergantiños, Noa Olalla

            Sobre a evolución en Galicia do problema da violencia de xénero e da violencia sexual (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 10417, publicada no BOPG núm. 82, do 12 de setembro de 2024, e debatida na sesión plenaria do 8 de outubro de 2024.)

           

2.2       13048 (12/MOC-000027)

            Grupo Parlamentario Mixto

            Ojea Bouzo, Armando

            Sobre as políticas de mellora da calidade de vida urbana coa recuperación das zonas verdes e a renaturalización das cidades (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 11904, publicada no BOPG núm. 94, do 1 de outubro de 2024, e debatida na sesión plenaria do 8 de outubro de 2024.)

           

2.3       13155 (12/MOC-000028)

            Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

            Prado Cores, María Montserrat

            Sobre as necesidades de atención á saúde mental desde o sistema sanitario público (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 2914, publicada no BOPG núm 22f1, do 8 de maio de 2024, e debatida na sesión plenaria do  8 de outubro de 2024.)

           

Punto 3.          Proposicións non de lei

           

3.1       2113 (12/PNP-000246)

            Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

            Longueira Castro, Silvia e 3 máis

            Sobre as actuacións que o Goberno galego debe levar adiante en relación coa súa xestión en Galicia do Plan estatal de acceso á vivenda 2022-2025

            Publicación da iniciativa, BOPG n.º 20f1, do 02.05.2024

           

3.2       2140 (12/PNP-000249)

            Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

            López Font, Carlos e Castro Rey, Paloma

            Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego co obxectivo de mellorar o transporte público por estrada da súa competencia

            Publicación da iniciativa, BOPG n.º 20f1, do 02.05.2024

           

3.3       5065 (12/PNP-000521)

            Grupo Parlamentario Popular de Galicia

            Trenor López, Gonzalo e 8 máis

            Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co obxecto de que garanta a chegada da alta velocidade ferroviaria ás cidades de Lugo e Ferrol

            Publicación da iniciativa, BOPG n.º 34f1, do 05.06.2024

           

3.4       10158 (12/PNP-000833)

            Grupo Parlamentario Popular de Galicia

            Ferro Iglesias, José Luis e 8 máis

            Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co obxecto de que proceda a unha repartición xusta dos fondos para o fomento das linguas cooficiais no ámbito da industria cinematográfica e audiovisual

            Publicación da iniciativa, BOPG n.º 81f1, do 11.09.2024

           

3.5       11391 (12/PNP-000939)

            Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

            Fernández Gómez, Alexandra e Bará Torres, Xosé Luís

            Sobre as medidas que o Goberno galego debe adoptar co obxectivo de concretar a planificación en materia de vivenda protexida

            Publicación da iniciativa, BOPG n.º 91f2, do 25.09.2024

           

3.6       11863 (12/PNP-000982)

            Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

            Rodil Fernández, Olalla e 2 máis

            Sobre as accións que debe pór en marcha o Goberno galego en política de I+D

            Publicación da iniciativa, BOPG n.º 94, do 01.10.2024

           

Punto 4.          Interpelacións

           

4.1       2721 (12/INT-000187)

            Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

            Insua Lema, Óscar e Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago

            Sobre a revisión do sistema de financiamento da Administración local

            Publicación da iniciativa, BOPG n.º 22f1, do 08.05.2024

           

4.2       8091 (12/INT-000406)

            Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

            Longueira Castro, Silvia e 3 máis

            Sobre a elaboración dunha nova lei de medios de comunicación e os cambios que nela se pretenden incorporar, nomeadamente no relativo ao sistema de elección de director ou directora xeral da CRTVG e á emisión de producións en castelán

            Publicación da iniciativa, BOPG n.º 69f1, do 22.08.2024

           

4.3       10366 (12/INT-000453)

            Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

            Ríos Santomé, Paulo e Bará Torres, Xosé Luís

            Sobre a transparencia na contratación pública da Xunta de Galicia

            Publicación da iniciativa, BOPG n.º 82, do 12.09.2024

           

Punto 5.          Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta e Galicia

           

5.1       13333 (12/POPX-000019)

            Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

            Gómez Besteiro, José Ramón

            Sobre as prioridades da Xunta de Galicia para resolver os problemas da cidadanía galega no vindeiro 2025

           

5.2       13334 (12/POPX-000020)

            Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

            Pontón Mondelo, Ana Belén

            Sobre a eventual derrogación do decreto que está facendo caer en picado o uso do galego entre as novas xeracións

           

Punto 6.          Preguntas ao Goberno

 

6.1       13305 (12/PUP-000050)

            Grupo Parlamentario Popular de Galicia

            Prado del Río, Paula e 9 máis

            Sobre os efectos que están a ter nos concellos galegos, singularmente no seu financiamento, as últimas decisións do Goberno de España

 

6.2       7762 (12/POP-001063)

            Grupo Parlamentario Popular de Galicia

            García Comesaña, Julio e 8 máis

            Sobre a situación actual en España das probas da avaliación de bacharelato para acceso á universidade (ABAU)

            Publicación da iniciativa, BOPG n.º 59, do 02.08.2024

 

6.3       12429 (12/POP-001905)

            Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

            Fernández Gómez, Alexandra e 3 máis

            Sobre as previsións da Xunta de Galicia verbo da cobertura docente do CEIP Chans-Bembrive, de Vigo, para unha mellor atención á diversidade

            Publicación da iniciativa, BOPG n.º 97f2, do 09.10.2024

 

6.4      

7365 (12/POP-000957)

            Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

            Presas Bergantiños, Noa Olalla e 2 máis

            Sobre os prazos para a posta en marcha do futuro Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Ourense

            Publicación da iniciativa, BOPG n.º 61, do 06.08.2024

           

6.5       7442 (12/POP-001004)

            Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

            Longueira Castro, Silvia e Abalde Alonso, Julio Ernesto

            Sobre as primeiras medidas que o Goberno galego pensa materializar para cumprir os pactos acadados cos estamentos que traballan en defensa da lingua galega

            Publicación da iniciativa, BOPG n.º 59, do 02.08.2024

           

6.6       7581 (12/POP-001016)

            Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

            Méndez López, Lara e 2 máis

            Sobre as previsións do Goberno galego verbo da execución do convenio entre o Concello de Lugo e a Xunta de Galicia para desenvolver o proxecto do Museo da Romanización de Galicia

            Publicación da iniciativa, BOPG n.º 59, do 02.08.2024

           

6.7       8475 (12/POP-001415)

            Grupo Parlamentario Popular de Galicia

            Ferro Iglesias, José Luis e 8 máis

            Sobre as principais medidas do Goberno galego para impulsar o uso da lingua galega e o incremento de neofalantes, especialmente entre a mocidade

            Publicación da iniciativa, BOPG n.º 69f3, do 22.08.2024

           

6.8       13292 (12/PUP-000048)

            Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

            Vidal Lamas, Sonia

            Sobre a situación do sector agrogandeiro, especialmente no que atinxe á recollida da pataca e do millo forraxeiro, despois dos efectos da borrasca Kirk

           

6.9       13293 (12/PUP-000049)

            Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

            Méndez López, Lara e Rodríguez Dacosta, María del Carmen

            Sobre o eventual desenvolvemento dun plan de axudas directas ao sector agrario co obxectivo de compensar as perdas ocasionadas pola borrasca Kirk

 

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2024

 

 

 

Miguel Ángel Santalices Vieira​​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina