saltar ao contido

Acordos aprobados na Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos celebrada o 10 de outubro de 2024

 

A  Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 10 de outubro de 2024, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 700 (12/PNC-000061)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pomar Tojo, Carmen María e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe facer ao Goberno central co obxecto de que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil teña en conta a nova regulación urbanística autonómica á hora de emitir os seus informes sectoriais preceptivos á planificación municipal, especialmente aos plans básicos municipais

BOPG n.º 9f2, do 11.04.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 2 votos en contra e 5 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España, para que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, á vista da problemática global e xeneralizada na totalidade dos concellos afectados, teña en conta a nova regulación da normativa urbanística á hora da emisión dos informes sectoriais preceptivos á planificación urbanística municipal, nomeadamente, dos Plans Básicos Municipais, co fin de desbloquear a situación de inseguridade xurídica que preside neste momento."​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina