A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 8 de outubro de 2024, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 1 de outubro de 2024, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Comparecencias
1.1 12119 (12/CPP-000024)
Do presidente da Xunta de Galicia, por petición propia, para dar conta dos principais eixes e liñas estratéxicas dos orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano 2025, así como dos proxectos de lexislatura en que traballa o Goberno galego
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 94, do 01.10.2024
Acumúlase na anterior a seguinte:
1.2 11694 (12/CPP-000023)
Do presidente da Xunta de Galicia, por petición dos 25 deputados e deputadas do Bloque Nacionalista Galego, para explicar a súa renuncia a negociar co Goberno español unha mellora do financiamento de Galicia e unha quitación da débeda
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 91f2, do 25.09.2024
Punto 2. Informe anual do Valedor do Pobo correspondente ao ano 2023 (doc. núm. 11139, 12/IVAL-000001)
2.1 11139 (12/IVAL-000001)
Valedor do Pobo
Informe anual correspondente ao ano 2023
Publicación do Informe anual, BOPG n.º 85f1, do 17.09.2024
Punto 3. Mocións
3.1 11985 (12/MOC-000021)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla
Sobre as análises do impacto que podería supor o proxecto de Altri no territorio no que se pretende implantar (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 10609, publicada no BOPG núm. 82, do 12 de setembro de 2024, e debatida en sesión plenaria do 24 de setembro de 2024.)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 94, do 01.10.2024
3.2 12028 (12/MOC-000022)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís
Sobre as novidades na política da Xunta de Galicia respecto dos residuos municipais (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 5103, publicada no BOPG núm. 34 f1, do 5 de xuño de 2024, e debatida en sesión plenaria do 24 de setembro de 2024.)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 94, do 01.10.2024
3.3 12031 (12/MOC-000023)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma
Sobre a orientación da actual política da Xunta de Galicia en materia de xestión dos residuos sólidos urbanos (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 5504, publicada no BOPG núm. 40f1, do 19 de xuño de 2024, e debatida na sesión plenaria do 24 de setembro de 2024.)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 94, do 01.10.2024
3.4 12068 (12/MOC-000024)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Queixas Zas, Mercedes
Sobre o balance das políticas de normalización lingüística (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 1377, publicada no BOPG núm. 12f1, do 24 de setembro de 2024, e debatida en sesión plenaria do 24 de setembro de 2024.)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 94, do 01.10.2024
3.5 12072 (12/MOC-000025)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Méndez López, Lara
Sobre o modelo e as contías do financiamento local executado pola Xunta de Galicia (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 2985, publicada no BOPG núm. 22f1, do 8 de maio de 2024, e debatida en sesión plenaria do 24 de setembro de 2024.)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 94, do 01.10.2024
Punto 4. Proposicións non de lei
4.1 1290 (12/PNP-000136)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Longueira Castro, Silvia e Espinosa Mangana, María Elena
Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co obxecto de que retome con carácter permanente a Tarxeta Básica
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 12f1, do 17.04.2024
4.2 6570 (12/PNP-000683)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 13 máis
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co fin de que cumpra determinados criterios do cofinanciamento do sistema galego de dependencia
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 49f1, do 10.07.2024
4.3 6583 (12/PNP-000685)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Fernández, Secundino e 3 máis
Sobre determinadas actuacións que debe levar adiante o Goberno galego co fin de mellorar a xestión do Rexistro vitícola de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 49f1, do 10.07.2024
4.4 6600 (12/PNP-000688)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Ruanova Vilas-Boas, Brais e 4 máis
Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego co obxecto de evitar a deslocalización de empresas beneficiarias de axudas provenientes da propia Administración autonómica
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 49f1, do 10.07.2024
4.5 7344 (12/PNP-000723)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Trenor López, Gonzalo e 12 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central para que intensifique o compromiso coa posta en marcha do tren de alta velocidade entre Galicia e a fronteira de Portugal
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 60, do 05.08.2024
4.6 9906 (12/PNP-000817)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis
Sobre determinadas accións que o Goberno galego debe poñer en marcha na política de emprego
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 77, do 05.09.2024
Punto 5. Interpelacións
5.1 2914 (12/INT-000194)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e Carreira Pazos, Iria
Sobre as necesidades de atención á saúde mental desde o sistema sanitario público
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 22f1, do 08.05.2024
5.2 10417 (12/INT-000456)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa Olalla e Rodil Fernández, Olalla
Sobre a evolución en Galicia do problema da violencia de xénero e da violencia sexual
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 82, do 12.09.2024
5.3 11904 (12/INT-000526)
Grupo Parlamentario Mixto
Ojea Bouzo, Armando
Sobre as políticas de mellora da calidade de vida urbana coa recuperación das zonas verdes e a renaturalización das cidades
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 94, do 01.10.2024
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
6.1 12132 (12/POPX-000017)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gómez Besteiro, José Ramón
Sobre as medidas que pensa implementar nas políticas da Xunta de Galicia para afrontar os principais problemas que vive a mocidade galega na actualidade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 94, do 01.10.2024
6.2 12133 (12/POPX-000018)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre a valoración que fai da ampliación do contrato da concesión da AP-9 realizada polo Goberno do Estado en 2000
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 94, do 01.10.2024
Punto 7. Preguntas ao Goberno
7.1 7711 (12/POP-001037)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vázquez Suárez, Cecilia e 8 máis
Sobre o desenvolvemento en Galicia da proposta de gratuidade da matrícula universitaria
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 59, do 02.08.2024
7.2 11435 (12/POP-001794)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Castro García, Daniel e Fernández Davila, María Cristina
Sobre a postura da Xunta de Galicia ante os acordos adoptados relativos aos agrupamentos de alumnado de diferentes ciclos educativos no CEIP Castro de Ouro, de Alfoz
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 92f1, do 26.09.2024
7.3 11517 (12/POP-001805)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Queixas Zas, Mercedes e Fernández Davila, María Cristina
Sobre as demandas da comunidade educativa do CPI Castro Baxoi, de Miño
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 92f1, do 26.09.2024
7.4 11544 (12/POP-001808)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Iglesias Rey, Patricia e 2 máis
Sobre a dotación dos centros educativos da Costa da Morte do necesario persoal docente das especialidades de Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 92f1, do 26.09.2024
7.5 12115 (12/PUP-000045)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Ruanova Vilas-Boas, Brais
Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da continuidade do Departamento de Lingua Portuguesa do IES San Paio, de Tui
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 94, do 01.10.2024
7.6 8491 (12/POP-001420)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 9 máis
Sobre os pasos que vai dar a Xunta de Galicia en relación coa candidatura da Ribeira Sacra ao seu recoñecemento como Patrimonio Mundial
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 69f3, do 22.08.2024
7.7 9066 (12/POP-001484)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pérez López, Noelia e 8 máis
Sobre as características das denominadas "microformacións", programa formativo impulsado pola Xunta de Galicia para que as persoas xa empregadas obteñan novas capacitacións adaptadas á demanda do tecido produtivo galego
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 73, do 29.08.2024
7.8 11578 (12/POP-001812)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Méndez López, Lara e Rodríguez Dacosta, María del Carmen
Sobre os usos que se lles está a dar aos centros de formación e experimentación agraria dependentes da Consellería do Medio Rural
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 92f1, do 26.09.2024
7.9 12118 (12/PUP-000046)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Méndez López, Lara e Rodríguez Dacosta, María del Carmen
Sobre o alcance previsto do paquete de medidas anunciado polo Goberno galego para solucionar o problema dos stocks de viño
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 94, do 01.10.2024
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2024
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente