saltar ao contido

Santalices destaca a transcendencia do Dereito Civil Galego na autoidentificación da nosa Comunidade

 

 

  • ​Reivindica o traballo do Parlamento coa aprobación de preto de 500 leis nos seus 40 anos de vida

 

  • Felicita ao presidente de Iurisgama, Carlos Lema, pola segunda edición de Ilustres Xuristas Galegos

 

 

Santiago, 26 de setembro de 2024.-  O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, destacou hoxe, durante o acto de presentación da segunda edición do libro Ilustres Xuristas Galegos, a transcendencia da Lei do Dereito Civil Galego na autoidentificación da Comunidade galega.

 

Na súa intervención, defendeu que á devandita norma, aprobada na Cámara autonómica a partir dunha proposta conxunta de tódolos grupos parlamentarios, podería considerarse como “a norma xurídica máis importante emanada do Parlamento de Galicia despois do Estatuto de Autonomía".

 

Por outra banda, o xefe do Lexislativo galego reivindicou o intenso traballo desenvolvido no Parlamento de Galicia ao longo dos seus máis de 40 anos de vida nos que se levan aprobadas máis de 484 leis. Santalices prevé que ao longo da nova lexislatura esa cifra supere o medio cento de normas emanadas “desde a máxima representación dos galegos e galegas".

 

Finalmente, o presidente da Cámara autonómica felicitou ao autor do libro, Carlos Lema, por esta segunda edición da súa obra e a Asociación de Xuristas Galegos en Madrid pola súa destacada labor como embaixadores de Galicia, “sobre todo no recoñecemento dos xuristas vinculados dalgún xeito a nosa terra".​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina