saltar ao contido

Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 19 de setembro de 2024

A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 19 de setembro de 2024, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación con modificacións

 

- 8255 (12/PNC-000866)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Ruanova Vilas-Boas, Brais e Pérez Fernández, Rosana

Sobre as medidas que debe tomar a Xunta de Galicia para facilitar o acceso aos PERTE para o sector mar-industria

BOPG n.º 68, do 21.08.2024

 

Sométese a votación separada por puntos:

 

Puntos 1 e 4: resultan aprobados pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

Puntos 2, 3 e 5: resultan rexeitados por 8 votos a favor, 9 en contra e 0 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a tomar os seguintes acordos:

1.- Dadas as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia en materia industrial, instar á Xunta de Galicia para que requira ao Goberno de España que garanta o acceso aos fondos das axudas para o fortalecemento industrial na transformación de produtos da pesca e acuicultura ás empresas do sector mar-industria galego.

2.- Demandar do Goberno Central a descentralización dos fondos Next Generation para a súa xestión dende Galicia."

​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina